Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 19 de abril de 2000, aprobouse o expediente administrativo para contratar, mediante concurso por procedemento aberto, a concesión dos servicios municipais de subministración de auga potable, depuración e saneamento do Concello de Mondoñedo.

A través do presente anuncio convócase licitación conforme as seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Mondoñedo.

2. Obxecto do contrato.

A concesión administrativa da explotación integral dos servicios municipais de abastecemento de auga potable, depuración e saneamento do Concello de Mondoñedo.

3. Tramitación ordinaria mediante concurso por procedemento aberto.

4. Prazo do contrato.

Vinte (20) anos prorrogable en cinco máis ata un máximo de 25 anos.

5. Canon da concesión.

Non se establece previamente o importe que percibirá pola Administración en concepto de canon que deberá ser proposto polos licitadores.

6. Garantía provisional: 500.000 ptas.

7. Garantía definitiva: 1.000.000 de ptas.

8. Obtención de documentación e información.

Rexistro xeral do Concello de Mondoñedo, praza do Concello nº 1, 27740 Mondoñedo (Lugo).

Teléfono: 982 54 40 03.

Fax: 982 50 74 21.

9. Presentación de ofertas.

A presentación de ofertas axustarase ó modelo contido no prego de condicións técnico-administrativas.

As proposicións presentaranse no Rexistro do Concello de Mondoñedo das 9 ás 14 horas, durnate os 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro dos anuncios nos diarios oficiais (BOP de Lugo e DOG).

Deberá comunicarse fidedignamente a presentación de ofertas por correo. Non serán admitidas aquelas que incumpran esta obriga ou se reciban transcorridos cinco días desde o remate do prazo de presentación.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase en sesión pública ás 12 horas do décimo día hábil contado desde o seguinte ó do remate do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego de condicións económico administrativas.

O prego que rexerá o concurso, aprobado polo Pleno do Concello en sesión ordinaria do 18 de abril de 2000, exponse ó público na secretaría do concello polo prazo de 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP de Lugo ou no DOG, para efectos de exame e reclamacións aprazándose a licitación, cando resulte necesario no caso de que se formulasen reclamacións contra el.

Mondoñedo, 19 de abril de 2000.

Luis Rego Valcarce

Alcalde