Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Grove.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa do uso privativo do dominio público en Monte do Pazo e Cons de Garita para estacións de telefonía móbil. Lugar de localización: O Grove. Prazo de duración: 15 anos.

3. Tramitación: urxente, procedemento: aberto, forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 400.000 ptas. (2.404,05 euros) anuais.

5. Garantías: provisional: 250.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, Prza. do Corgo 1, (36980) O Grove (Pontevedra), Tlfo./Fax: 986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante 13 días naturais seguintes ó da última publicación do presente anuncio no BOP e no DOG de 9 a 14 horas.

-Documentación: a establecida no prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, o 5º día hábil seguinte, non sábado, despois do remate do prazo de presentación de ofertas ás 13 horas.

10. Outras informacións: simultaneamente á licitación exponse o prego de condicións, polo prazo de oito días hábiles desde a publicación no BOP, aprazándose aquela se se procuden reclamacións contra o dito prego.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 12 de abril de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Alcalde