Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación ordinaria. (C.P. 50/2000).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguinte concurso público.

1. Entidade adxudicadora.

Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Servicio de Loxística/Subministracións.

Pizarro nº 22. 36204 Vigo.

Teléfono: 986 81 60 23.

Fax: 986 81 60 65.

2. Modalidade da adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

3. a) Lugar da entrega da subministración: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar:

Suministración sucesiva de material para cirurxía da catarata. Cun orzamento total de 40.650.000 ptas. (244.311,41 euros) IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por parte e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ver folla de especificacións.

a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto nº 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 7 de xuño de 2000.

6. a) Data límite da recepción das ofertas: 14 de xuño de 2000.

b) Dirección á que deben dirixirse: ver punto nº 1.

c) Lingua o linguas nas que se deben redactar: castelan ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: 26 de xuño de 2000. 8.30 horas, sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral Cíes.

8. Fianzas e garantías esixidas.

Provisional: 813.000 ptas.

Definitiva: 1.626.000 ptas.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver prego de cláusulas administrativas. (Folla de especificacións).

15. Información complementaria. Anuncios: o importe desta resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación da preinformación: 16-11-1999.

17. Data de envío do anuncio: 9 de maio de 2000.

18. Data de recepción do anuncio:

Vigo, 25 de abril de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo