Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

EDICTO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 29 de outubro de 1999, aprobou o escudo heráldico deste concello, tal como se describe:

Ondado de azur (azul) e prata (branco), unha banda brochante de gules (vermello) cargada de catro torres de ouro (amarelo) e ó timbre, coroa real.

O que se fai público para xeral coñecemento e para efectos de reclamacións polo prazo dun mes a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente permanece exposto ó público nestas oficinas municipais durante o citado prazo, de 9 a 14 horas.

O Corgo, 13 de abril de 2000.

José Antonio Ferreiro González

Alcalde