Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000 pola que se resolve o concurso aberto para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa en Muros. (Expediente 12-38-00-C-01).

Por Resolución do 15 de febreiro de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 36, do 22 de febreiro, convocouse concurso aberto para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa en Muros.

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, solicitando que se declare deserto o concurso dado que non se presentaron ofertas.

Esta presidencia resolve declarar deserto o citado concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante, á elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificción desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia