Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.741

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (88/1999).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que:

Nos autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado baixo o nº 88/1999, recaeu a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o seguinte teor literal:

«En Santiago de Compostela, o 3 de decembro de 1999.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 88/1999, seguidos neste xulgado sobre insultos ós axentes da autoridade, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciantes o policía local nº 153, e como denunciado José Ventura Romero Tajes.

Decido que debo condenar e condeno a José Ventura Romero Tajes, como autor dunha falta de respecto e consideración debida ós axentes da autoridade, á pena de multa de quince días, deixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de quiñentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. Así mesmo, condénoo ó pagamento das custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a José Ventura Romero Tajes, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o catorce de abril de dous mil.

A secretaria

Rubricado