Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Figueredo-Betanzos, con anexos: V-7006; XG-380.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de segregación de tráficos e modificación concesional (ampliación de tráficos), consistente en:

-Segregación de tráficos do anexo Trasanquelos-Paderne da concesión V-7030; XG-404, da titularidade da empresa Ideal Auto, S.A.

-Modificación concesional (ampliación de tráficos) da concesión V-7006; XG-380, da titularidade da empresa Autocares Antonio Vázquez, S.A.

Na tramitación deste expediente terase en conta a solicitude de segregación de tráficos presentada por Ideal Auto, S.A. con data do 5 de abril de 2000, o proxecto de modificación presentado por Autocares Antonio Vázquez, S.A. con data do 19 de abril de 2000 e o proxecto de ampliación de tráficos de Auto

cares Antonio Vázquez, S.A., sacado a información pública por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 2 de xullo de 1998 (DOG do 6 de outubro).

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes