Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.741

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2000 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de un posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do 29 de febreiro de 2000.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios, por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, do 29 de febreiro de 2000 e unha vez rematado o prazo de presentación de instancias á vista das solicitudes presentadas e logo do informe do vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións.

O rector, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 78 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Tercero.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: Secretaría do vicerrector de Ordenación Académica e Titulacións.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Ana María Paz Torres.

DNI: 33.272.172.