Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual 17 do PXOU de Vigo, relativa ó trazado da vía Seminario-Corredoira. (Expediente 4781/411).

O Pleno do Concello de Vigo acordou, en sesión do día 27 de marzo de 2000, a modificación puntual nº 17 do PXOU de Vigo, relativa ó trazado da vía Seminario-Corredoira, segundo a documentación elaborada polos servicios técnicos e xurídicos da oficina de Planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo, coas correccións introducidas na documentación técnica, derivadas do cumprimento das observacións formuladas polo Ministerio de Fomento e Subdirección Xeral de Estradas da CPTOPV, en informes do 11 de xaneiro de 1999 e 10 de febreiro de 1999, respectivamente, e contida no denominado texto final 7/1999.

Contra o devandito acordo que pon fin a vía administrativa poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

A. Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

B. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

Non obstante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta, polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

C. Calquera outro recurso que considere oportuno interpoñer e sexa procedente.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 13 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo