Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de delimitación de polígono para urbanización da prolongación da estrada Cabo Estai. (Expediente 4177/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 2 de decembro de 1999,

acordou aprobar inicialmente, para a execución do planeamento previsto no núcleo 12.02 D Canido do PXOU vixente, a delimitación dun polígono coincidente co predio resultante da agrupación efectuada por Aurelio Rodríguez Rodríguez, en escritura pública do 29-10-1997, autorizada polo notario José Manuel Gómez Varela co número 1159 de orde do seu protocolo, obxecto posterior de parcelación, autorizada por licencia municipal do 6-3-1998, de 11.396 m de superficie e cos lindeiros que a continuación se expresan, refectidos nos planos que figuran no expediente:

-Norte: rúa Arquitecto Antonio Cominges, e predio propiedade de Aquilino Miguel Lemos e outros.

-Sur: Manuel Herranz, Manuel Montenegro (vía peonil prevista) fondo de saco de rúa en proxecto e senda peonil.

-Leste: rúa Súbida ó Faro e predio de Manuel Herranz.

-Oeste: rúa Arquitecto Antonio Cominges, predio propiedade de Aquilino Miguel Lemos e outros, e rúa en proxecto e fondo de saco.

Sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia

Municipal de Urbanismo