Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO de licitación.

A comisión de goberno deste concello, en sesión do día 7 de abril, acordou inicia-lo expediente de contratación mediante concurso con procedemento aberto da obra denominada renovación da depuradora de augas potable 1ª fase incluído no plan provincial de cooperación coas obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local POS 2000, contratación que se rexerá polo prego de condicións tipo, aprobado polo pleno da deputación provincial da Coruña, en sesión do 31 de marzo de 2000.

1. Entidade adxudicadora e datos para a obtención de información.

Organismo: Concello de Valdoviño.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: renovación da depuradora de auga potable 1ª fase.

Lugar de execución: lugar do Cameleiro (Concello de Valdoviño).

Prazo de execución: 4 meses.

3. Procedemento e forma de adxudicación, tramitación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: concurso por procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: 41.689.358 (IVE incluído).

5. Garantías.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información.

Entidade: Concello de Valdoviño.

Domicilio: Porta do Sol, s/n.

Localidade: Valdoviño.

Teléfono: 981 48 70 97

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría C.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (DOG ou BOP). Este prazo suspenderase no caso de presentarse reclamacións contra o pego de condicións.

Documentación que se presentará: a establecida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Valdoviño, de 9 a 13 horas.

9. Apertura de ofertas: ás doce horas do terceiro día hábil contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Valdoviño, 11 de abril de 2000.

José A. Rodríguez Fernández

Alcalde