Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da oferta de emprego público para 2000.

De conformidade co establecido no artigo 21.1º g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 128 do texto refundido do réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e demais lexislación aplicable, e visto o cadro de persoal aprobado definitivamente polo concello e tendo en conta a producción dunha vacante adicional como consecuencia da xubilación forzosa dun garda da policía local, a Alcaldía-Presidencia resolve:

Aproba-la oferta de emprego público para 2000, que a seguir se detalla:

A) Funcionarios de carreira.

Denominación

das prazas

EscalaGrupoNº prazas

AdministrativoAdmón. xeralC1
Garda policía localAdmón. especialD1
ConductorAdmón. xeralE1

B) Persoal laboral fixo.

Denominación postos

de traballo

TitulaciónNº postos

Auxiliar Serv. sociaisGraduado escolar1
Auxiliar recadaciónGraduado escolar1
Peón parque móbilEstudios primarios1

Nigrán, 3 de abril de 2000.

José M. Rial Cadaval

Alcalde