Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 26 de abril de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada Provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

204/1999Mugal, S.A.A-15.033.319R/ Humboldt, nº 7, Sta. Cristina (Oleiros)Discoteca Brother's23 o) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

252/1999María del Carmen Valiño García44.814.076Concheiros, 64-3º (Santiago de C.)Bar María Antonia23 e) LO 1/199228 LO 1/1992Caducidade

291/1999José Alonso Martínez Carou33.281.939R/ Descanso, nº 1-3º (Muros)Nic-Bahía23 o) LO 1/199228 LO 1/199275.000 ptas.

319/1999Manuel Gabriel Vázquez Mosquera32.772.531Casaldalbre, Queixas (Cerceda)Pub Cocos26 e) LO 1/199228 LO 1/199215.000 ptas.

331/1999Eleuterio Lago Villergas47.360.348R/ Bellavista, nº 19-4º (A Coruña)Café bar Euro26 e) LO 1/199228 LO 1/199210.000 ptas.