Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de alimentación de neumáticos cortados como combustible alternativo para un forno de Clinker na fábrica de Cementos Cosmos, en Sarria (Lugo) e promovido por Cementos Cosmos, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación

dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de alimentación de pneumáticos cortados como combustible alternativo para un forno de Clinker na fábrica de Cementos Cosmos, S.A.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concello de Sarria.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental