1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: organización e realización de diversas catas, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: o establecido no prego de prescricións técnicas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 24.675.000 ptas. (148.299 euros).
5. Garantías.
Provisional: 493.500 ptas. (2.965 euros).
Definitiva: 4% da adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria-Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 25.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 30 de maio de 2000.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade:Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: 2 de xuño de 2000.
e) Hora: 13 horas.
11. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2000.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria