Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.646

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II, a Manuel Alberto Gómez Suárez.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/032, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II, desta universidade, a favor de Manuel Alberto Gómez Suárez, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Alberto Gómez Suárez profesor titular de universidade da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada II, desta universidade.

A Coruña, 26 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña