Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.646

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 99/013, de corpos docentes universitarios convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 99/013, convocada por resolución rectoral con data do 4 de maio de 1999 (BOE do 26 de maio), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 26 de abril de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería e infraestructura dos transportes.

Praza nº: 99/013.

Comisión titular:

Presidente: García Díaz de Villegas, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: López Pita, Andrés, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Vocais:

Colomer Ferrandiz, José Vicente, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Izquierdo del Fraile, Jaime, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

García Benítez, Francisco, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente: del Val Melus, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Kraemer Heilperno, Carlos, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocais:

Pérez Jiménez, Félix Edmundo, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Izquierdo Bartolomé, Rafael, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Conesa Lucerga, Marcelino, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.