Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.645

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se fai público o acordo do tribunal do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

O punto 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de realización das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polo citado tribunal sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facúltase para iso expresamente a esta Divi

sión de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o segundo exercicio da fase de oposición da categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición o vindeiro día 25, ás 16.30 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións, sito en San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela.

Segundo.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que se excluirá do concurso-oposición quen non compareza.

Terceiro.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde