Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 4 de maio de 2000 pola que se convocan axudas para melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias.

A agricultura galega está a facer fronte, nos últimos anos, ó reto da integración na Unión Europea, afrontando profundos cambios estructurais, que se traducen nunha diminución do número de explotacións e nunha mellora da estructura productiva, da dimensión económica e da calidade das produccións finais das explotacións que permanecen no sector.

Este proceso debe continuar nos vindeiros anos, co fin de seguir mellorando a competitividade e a eficacia productiva das explotacións, no marco do Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axuda ó desenvolvemento rural, do previsto na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización de explotacións agrarias e do disposto no Real decreto 204/1996, do 9 de febreiro, sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias, modificado polos reais decretos 1153/1997, do 11 de xullo e 2067/1999, do 30 de decembro, e tendo en conta a problemática específica das explotacións agrarias de Galicia.

As axudas reguladas por esta orde van dirixidas, principalmente, a logra-la modernización das explotacións agrarias a través de investimentos para a mellora do seu sistema productivo, de medidas para a incorporación de agricultores mozos como titulares das explotacións do sector agrario, e medidas para o fomento de agrupacións de servicios.

Coa finalidade de incrementa-la competitividade das explotacións galegas é necesario dirixi-las actuacións as explotacións agrarias que poidan acredita-la súa viabilidade económica, que cumpran as normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais, nas que o seu titular teña a capacidade e competencia profesional adecuadas, que, coa realización de plans de mellora, aseguren a viabilidade das explotacións e lles proporcionen rendas ós agricultores, dentro dun sistema productivo adaptado a un aproveitamento racional dos recursos naturais e respectuoso co medio ambiente.

A incorporación da poboación máis nova e capacitada á titularidade das explotacións agrarias é unha

das mellores vías para estimula-la introducción de novas tecnoloxías no sector e contribuír a asegura-la súa competitividade e continuidade no desenvolvemento da actividade. Por iso, é necesario incentivar, en maior grao, aquelas fórmulas de incorporación nas que exista unha maior ligazón entre o mozo e a explotación.

Por outra parte, o coñecemento dos distintos índices técnico-económicos anuais das explotacións e a súa análise en cada sector productivo, para elaborar recomendacións de xestión que poidan servir na toma de decisións dos titulares das explotacións, é unha vía que contribúe, claramente, á diminución de custos e mellora da renda das explotacións. Neste sentido as axudas ás agrupacións de servicios incentivan a consecución dos devanditos obxectivos.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Liñas de axuda.

A través da presente orde convócanse axudas, ó abeiro do establecido no R.D. 204/1996, do 9 de febreiro, sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias, e demais normativa concordante, en relación coas seguintes liñas de axuda:

1. Investimentos en explotacións agrarias mediante plans de mellora (liña B) .

2. Primeira instalación de agricultores mozos (liña A) .

3. Axudas incluídas no Programa Rexional de Desenvolvemento Rural de Galicia:

a) Axudas a agrupacións para investimentos dirixidos á prestación de servicios.

b) Axudas a agrupacións agrarias para a creación de servicios de substitución.

c) Axudas a agrupacións agrarias para a creación e incremento de servicios de axuda á xestión de explotacións.

d) Plans de mellora rexionais específicos (liña R).

Sección primeira

Investimentos en explotacións agrarias mediante plans de mellora

Artigo 2º.-Requisitos dos beneficiarios.

Os titulares de explotacións que desexen acceder ás axudas para investimentos en plans de mellora previstos no R.D. 204/1996, presentarán unha solicitude, segundo modelo que se especifica no anexo I, acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 4º do devandito real decreto, do modo que segue, segundo o tipo de titular da explotación agraria e as características desta:

1. Titular persoa física.

a) A condición de agricultor profesional:

a.1. No que respecta a que alomenos ó 50% da súa renda total a obteña das actividades agrarias

e complementarias sinaladas no punto 5 do anexo I do R.D. 204/1996, mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio do que xa finalizara o prazo para a súa presentación en período voluntario ou coa media das rendas fiscalmente declaradas como tales por el durante tres dos cinco últimos anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais. Para estes efectos imputaránselle ó titular da explotación as seguintes rendas:

1º As da actividade agraria da explotación.

2º As procedentes doutras actividades empresariais ou profesionais, así como as orixinadas polo traballo desenvolvido fóra da explotación, incluídas as pensións e haberes pasivos que fiscalmente haxa obriga de declarar.

3º O 50% das producidas polo capital mobiliario e inmobiliario, no caso de réxime de gananciais, e o 100% das súas rendas privativas.

a.2. A condición de dedicar máis do 50% do tempo de traballo total ás actividades agrarias e outras complementarias, así como o requisito de afiliación ó réxime da Seguridade Social que corresponda á actividade desenvolvida na explotación poderá xustificarse da seguinte maneira:

1º No caso do réxime especial agrario da Seguridade Social, co informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

2º No caso do réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos, en función da súa actividade agraria ou outras, co informe de vida laboral e o documento de afiliación á Seguridade Social ou último pagamento do imposto de actividades económicas.

3º No caso de asalariados do réxime xeral, co correspondente documento de cotización á Seguridade Social.

b) A capacitación profesional suficiente poderá acreditarse dalgunha das seguintes formas:

b.1. Presentando a documentación xustificativa de ter obtido o título de capataz agrícola ou de formación profesional agraria de primeiro grao, ou outro de grao superior, na rama agraria.

b.2. Con cinco anos de exercicio da actividade agraria, que deberá acreditarse, con carácter xeral, cun informe de vida laboral da Seguridade Social.

1º No caso de que parte ou a totalidade do exercicio da actividade agraria se levase a cabo como man de obra familiar, será precisa unha declaración do titular da explotación onde realizou tal actividade, na que se especifique o tempo traballado na explotación e as tarefas desenvolvidas.

2º Os anos nos que non se exercese a actividade agraria, ata alcanza-los cinco anos requiridos, poderán substituírse pola asistencia a cursos ou semi

narios de capacitación agraria cunha duración de 25 horas lectivas por cada ano.

3º En calquera caso, o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga) estudiará a documentación achegada e establecerá a súa idoneidade para os efectos de xustifica-la actividade agraria do solicitante.

b.3. No caso de agricultores mozos e para os efectos de primeira instalación ou de incremento do 5% nas axudas ós investimentos en plans de mellora, a capacitación profesional suficiente xustificarase dalgún dos seguintes xeitos:

1º Mediante fotocopia cotexada da titulación académica de capataz agrícola, formación profesional agraria de primeiro grao ou outra superior na rama agraria.

2º Cun certificado de asistencia ós cursos, de duración mínima de 200 horas lectivas, establecidos pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria a través das súas unidades de Extensión e Capacitación Agraria, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

3º Mediante certificación de asistencia a cursos, cunha duración mínima de 200 horas lectivas, desenvolvidos por outras entidades competentes en ensinanzas agrarias e previamente homologados pola Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

4º Considerarase tamén acreditada se o agricultor mozo se compromete a adquiri-la capacitación profesional suficiente no prazo de dous anos por calquera das vías sinaladas nos tres parágrafos anteriores. Neste caso, no momento da solicitude da axuda deberá presentarse xustificante de ter solicitada a admisión no centro correspondente. Posteriormente, o mozo deberá presentar, no prazo sinalado, a documentación acreditativa de ter acadada a devandita capacitación.

c) A idade, mediante copia cotexada do DNI.

d) A condición de residir na comarca onde está a explotación, ou noutra limítrofe acreditarase coa copia cotexada do DNI ou certificado de empadroamento nun dos municipios da comarca onde radique a explotación ou noutra limítrofe, excepto en casos de forza maior ou necesidades apreciadas pola dirección do Ilgga. Para tal efecto aplicarase o establecido no mapa de comarcalización da Comunidade Autónoma de Galicia aprobado polo Decreto 65/1997, do 20 de febreiro.

e) Para a xustificación de estar ó día no cumprimento das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, xuntaranse os correspondentes certificados da Axencia Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social. Así mesmo, presentarase xustificación de non ter ningunha débeda pendente de pagamento coa Adminitración da Comunidade Autónoma. Esta documentación será presentada no momento da certificación das melloras realizadas.

2. Titular persoa xurídica.

a) Para a xustificación de que a actividade principal é a agrícola-gandeira, deberán presentarse os estatutos ou documento de constitución e a declaración do imposto de sociedades do último exercicio. Así mesmo, a procedencia agrícola-gandeira dos ingresos comprobarase en función das marxes brutas das orientacións productivas e actividades económicas da explotación.

b) A xustificación de que se trata dunha explotación agraria prioritaria ou que acadará esa condición coa realización do plan de mellora, xustificarase segundo se establece nos artigos 3 e 4 da orde desta consellería, do 16 de xuño de 1998 pola que se crea o rexistro de explotacións agrarias prioritarias da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Para a xustificación de estar ó día no cumprimento das obrigas fiscais e coa Seguridade Social, xuntaranse os correspondentes certificados da Axencia Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social. Así mesmo, presentarase xustificación de non ter ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma. Esta documentación será presentada no momento da certificación das melloras realizadas.

3. Titular comunidade de bens.

No caso de que o titular sexa unha comunidade de bens, só poderá ser beneficiaria destas axudas se existe un pacto de indivisión por un período mínimo de 6 anos a partir da data de solicitude e se, alomenos un dos comuneiros, reúne os requisitos especificados no punto 1 deste artigo, para as persoas físicas. Ademais, deberá presenta-los estatutos da comunidade e a acta de constitución.

A xustificación de estar ó día no pagamento das obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma, efectuarase respecto de cada un dos comuneiros cos correspondentes certificados, presentadas no momento da certificación das melloras realizadas.

4. Requisitos das explotacións beneficiarias.

As explotacións solicitantes das axudas deberán cumprir, ademais, os seguintes requisitos:

a) Acredita-la súa viabilidade económica conforme o definido no punto 22 do anexo 1 do R.D. 204/1996. Neste sentido, considerarase que unha explotación é viable economicamente cando a renda unitaria do traballo sexa igual ou superior ó 20% da renda de referencia, que poderá ser modulada polo Ilgga.

Tamén se considerarán viables as explotacións clasificadas como prioritarias de conformidade co establecido na disposición final terceira da Lei 19/1995 e no artigo 4 da orde desta consellería, do 16 de xuño de 1998.

b) Cumpri-las normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional e autonómica, así como o especificado nos programas

operativos de desenvolvemento rural aprobados pola Unión Europea.

c) En tódolos casos, o compromiso de exerce-la actividade durante 5 anos con posterioridade á data de aprobación da axuda, será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podendo esixir durante estes cinco anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que o beneficiario lle envíe ó órgano xestor da axuda copia cotexada da declaración do IRPF e boletíns de cotización á Seguridade Social ou informe de vida laboral.

Artigo 3º.-Cálculo da renda unitaria de traballo.

Para os efectos do cálculo da renda unitaria de traballo (RUT) á que se refire o punto 19 do anexo I do R.D. 204/1996, teranse en conta os seguintes criterios:

1. En relación coas unidades de traballo agrario (UTA) da explotación:

a) Cando o titular sexa persoa física a achega de man de obra acreditarase das seguintes maneiras:

a.1. A man de obra familiar do titular, cotitular e familiares que estean afiliados á Seguridade Social, co informe de vida laboral de cada un deles.

a.2. A achega de man de obra familiar do titular da explotación, ata segundo grao inclusive, por consanguinidade ou afinidade e, se é o caso, por adopción, que convivan no seu fogar e estean ó seu cargo, que, estando ocupados na súa explotación, non teñan a obriga de afiliarse ó correspondente réxime da Seguridade Social, poderá estimarse ata un máximo de 0.5 unidades de traballo agrario polo primeiro traballador e 0.25 unidades por cada un dos restantes membros. Esta circunstancia acreditarase mediante declaración xurada do titular solicitante ou por calquera outra forma admitida en dereito, acompañada da copia do DNI de cada un dos familiares, dun informe de vida laboral e do correspondente xustificante de que a persoa ou persoas ás que se refire a declaración, está ó seu cargo como beneficiario na Seguridade Social e tamén na declaración do IRPF.

a.3) A man de obra asalariada acreditarase documentalmente con base na cotización á Seguridade Social.

b) Cando o titular sexa persoa xurídica, computarase unicamente a man de obra achegada polos socios e asalariados non socios acreditada mediante a correspondente cotización á Seguridade Social. Esta circunstancia xustificarase mediante documento de ingreso no Tesouro das retencións do IRPF practicadas ós asalariados, así como cos xustificantes de pagamento ou boletíns ( TC1-TC2) dos tres últimos meses cotizados no réxime da Seguridade Social que corresponda segundo a normativa que sexa de aplicación, dos socios e asalariados non socios que traballen na explotación.

c) No caso de que o titular da explotación sexa unha comunidade de bens, utilizaranse os mesmos criterios para a determinación das UTA, que no caso de que o titular sexa unha persoa física.

2. En relación coa marxe neta da explotación:

Entenderase por tal a diferencia entre os ingresos da explotación derivados do conxunto das actividades productivas, incluídas as subvencións de explotación, e tódolos gastos fixos e variables, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e da man de obra familiar.

A marxe neta poderase obter como resultado de resta-los gastos fixos contabilizados ou, no seu defecto, estimados, de cada explotación, non imputados nas marxes brutas, agás os atribuídos á retribución dos capitais propios e do traballo familiar, da suma das marxes brutas estándar das actividades productivas da explotación, moduladas con criterios técnico-económicos polo Ilgga, tal como se indica na disposición derradeira primeira desta orde.

3. En calquera caso, os titulares de explotacións poderán solicita-la determinación da renda unitaria de traballo con base nos datos da súa contabilidade documentalmente acreditados e, dese-lo caso, da documentación relativa á Seguridade Social.

Artigo 4º.-Condicións dos plans de mellora.

Os plans de mellora das explotacións agrarias que cumprirán as condicións intrínsecas da letra A) do anexo 2 do R.D. 204/1996, suporán unha mellora integral e duradeira da economía da explotación agraria, debendo cumprir, ademais, as seguintes condicións:

1. Acredita-la viabilidade na situación inicial, de acordo co punto 4 a) do artigo 2º desta orde.

2. Cando o plan de melloras afecte a unha explotación gandeira:

a) Deberase xustificar que esta cumpre a normativa relativa a campañas oficiais de saneamento gandeiro, mediante a presentación da folla de saneamento da última campaña.

b) Deberá cumpri-las normas mínimas en materia de medio ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional e autonómica, así como o especificado nos programas operativos de desenvolvemento rural aprobados pola Unión Europea. Non obstante, cando o plan de mellora inclúa investimentos destinados a cumpri-las normas mínimas especificadas na letra e) do artigo 5 do citado real decreto, poderase conceder, para o seu cumprimento, un prazo de ata un ano desde o momento de concesión da axuda. No caso de plans de mellora presentados por agricultores mozos dentro dos 5 anos seguintes á súa primeira instalación, poderá concedérselles un prazo de ata dous anos para o cumprimento do requisito regulado no punto 1.g) do artigo 4 do R.D. 204/1996.

Esta circunstancia xustificarase co correspondente anexo ou memoria xustificativa do plan ou do proxecto no seu caso.

c) Os titulares de explotacións con plans de mellora para a producción de leite, deberán comprometerse a permanecer coa mesma orientación productiva por un período mínimo de cinco anos desde a data de aprobación da axuda e deberán cumpri-lo disposto no capítulo II do anexo A do R.D. 1679/1994, do 22 de xullo, que establece os condicións sanitarias aplicables á producción e comercialización de leite cru, leite tratado termicamente e productos lácteos.

Para estes efectos consideraranse cumpridas as esixencias, cando os resultados da análise de leite da explotación, efectuadas polos laboratorios interprofesionais ou laboratorios autorizados pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, correspondentes ás medias dun dos meses do ano 2000 anterior ó de finalización do prazo de presentación, demostren que, polo lo menos, nas medias dun deses meses, o contido en xermes/ml é inferior a 100.000, en células somáticas inferior a 400.000, non hai presencia de residuos de substancias farmacoloxicamente activas e non existe presencia de auga engadida.

Para xustificar este requisito, e sempre que o leite sexa analizado nun laboratorio autorizado distinto do LIGAL, presentarase un boletín de análise xustificativo do exposto no parágrafo anterior, correspondente á media dun dos meses do período do ano 2000 indicado.

d) Os plans de mellora que se vaian realizar en explotacións productoras de leite, cunha carga gandeira superior a 3 vacas de leite por hectárea de superfice forraxeira, deberán incluír actuacións tendentes á súa reducción.

3. Se os investimentos se realizan en obra civil, deberase presenta-lo correspondente bosquexo acoutado e memoria descritiva da construcción, adaptándose esta á tipoloxía da zona. Esta documentación substituirase por un proxecto asinado por técnico competente no caso de que o dito investimento sexa superior a 8 millóns de pesetas. O prazo para a presentación deste proxecto é de dous meses, contado desde a data de aprobación da axuda.

As construccións novas deberán contar coa preceptiva licencia municipal, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para dar cumprimento a este requisito, coa documentación da solicitude de axuda ó plan de mellora incluirase, de se-lo caso, a correspondente solicitude de licencia de obras e, no momento da certificación, xuntarase a correspondente licencia.

4. Tódolos proxectos e memorias incluirán un anexo relativo á produción e xestión dos residuos da explotación.

5. Diversificación: para os efectos do disposto no punto 2.b do artigo 8 do R.D. 204/1996, entenderase como diversificación da actividade da explotación, a realización de investimentos de natureza agrícola, gandeira, forestal, cinexética, turística, artesanal, de transformación e venda de productos agrarios, de conservación do espacio natural ou de calquera outra

que responda ó mesmo obxectivo de diversificación, sempre que os investimentos en novas actividades superen o 50% do investimento total, e traian como consecuencia a diminución da producción correspondente a algún dos productos incluídos en organizacións comúns de mercado reguladoras de produccións excedentarias e non supoñan incremento de ningunha destas.

Artigo 5º.-Limitacións sectoriais.

1. En razón ó producto, ó tipo de investimento e á capacidade actual e prevista, poderán excluírse deste réxime de axudas os investimentos que aumenten a producción sen saídas normais no mercado.

2. En todo caso, serán de aplicación as limitacións á producción, investimentos ou axudas reguladas nas organizacións comúns de mercado.

3. Os investimentos que se vaian realizar naqueles sectores para os que se teñan establecido cotas, primas ou calquera outro dereito de producción, serán auxiliables sempre que se acredite a súa dispoñibilidade en contía suficiente.

4. Se se trata dunha explotación con asignación de cantidade de referencia para a producción de leite ou productos lácteos, ou con dereitos de prima, deberán presentarse os documentos de asignación a nome do solicitante.

5. Os investimentos no sector de producción de leite que teñan por efecto supera-la cantidade de referencia, poderán ser obxecto de axuda se a explotación ten concedida, previamente, unha cantidade de referencia adicional, de acordo coa normativa reguladora da taxa suplementaria. Nos supostos que permiten obte-las axudas inclúense os mecanismos de acceso a nova cota de producción de leite, ou ó seu incremento, establecidos no Real decreto 1486/1998, do 10 de xullo, sobre modernización e mellora da competitividade do sector lácteo.

6. No caso de que as axudas se concedan para realizar investimentos no sector de vacún de carne, limitaranse a explotacións gandeiras que teñan unha densidade gandeira, no último ano do plan, igual ou inferior a 2 UGM/Ha de superficie forraxeira total, xustificándose esta superficie coa presentación da documentación prevista na Orde do 30 de decembro de 1999, da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, sobre axudas por superficie e declaración de superficies forraxeiras, ou documento similar que indique as referencias catastrais, superficie e aproveitamento das parcelas da explotación utilizadas para a alimentación do vacún de carne.

7. Queda excluída a concesión de axudas a investimentos no sector avícola, para a producción de ovos e carne en réxime intensivo non dependente do solo e no sector porcino intensivo, agás as destinadas á protección do ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional, autonómica e o especifiado nos programas operativos de desenvolvemento rural aprobados pola Unión Europea. Os servicios vete

rinarios da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria informarán sobre a necesidade dos investimentos a que se fai referencia no parágrafo anterior.

8. Este réxime de axudas será aplicable ós investimentos para os que se acredite que non perciben axuda derivada de ningunha organización común de mercado, aínda que se trate de investimentos que entren no ámbito de aplicación dos réximes de axuda destas organizacións.

Artigo 6º.-Investimentos obxecto de axuda.

1. As axudas a investimentos mediante plans de mellora aplicaranse ós fins inidicados no artigo 5 do R.D. 204/1996, coas excepcións contidas no anexo 4 do devandito real decreto.

2. O investimento en adquisición de maquinaria previsto no plan de mellora, incluído o tractor, de se-lo caso, deberá ser inferior ó 35% do investimento total previsto na totalidade do plan.

3. No caso de investimentos en equipos de muxido, deberán axustarse, no relativo á instalación e funcionamento, ó establecido na norma UNE 68050/98.

4. No caso de investimentos en equipos de refrixeración de leite, deberán cumpri-los requisitos da norma UNE 68049/82.

Artigo 7º.-Contía do investimento e axudas.

1. Contía do investimento.

a) O investimento poderá chegar a un máximo de 14.860.000 pesetas por UTA, sen superar 29.720.000 pesetas por explotación, cando o titular sexa unha persoa física ou unha comunidade de bens. No caso de titulares persoas xurídicas, este límite máximo por explotación poderá multiplicarse polo número de socios da entidade que sexan agricultores profesionais, ata un máximo de tres, sen prexuízo do límite por UTA.

b) Para o cálculo do investimento máximo, en función do límite máximo por UTA, consideraranse as UTA iniciais indicadas no artigo 3.1.

Cando se trate dun plan de mellora dun agricultor mozo que se presente simultaneamente á primeira instalación, o límite máximo de investimento por UTA calcularase en función do número de UTA correspondentes á situación posterior á realización do plan de mellora.

c) Para os efectos destas axudas, considerarase como unha soa explotación as pertencentes a un mesmo titular ou sociedade conxugal en réxime de gananciais, aínda que a base territorial radique en lugares xeograficamente distintos e teñan distintas orientacións productivas. A determinación das axudas ós investimentos que se vaian realizar neste tipo de explotacións efectuarase de acordo coas condicións específicas que correspondan ó municipio asignado á explotación, en función da pertenza a este da fracción maioritaria dos bens, dereitos e elementos da explotación, ó que fan referencia os puntos 2 e 3 do anexo 1 do R.D. 204/1996.

2. Tipo e contía da axuda.

a) As axudas ó investimento poderán consistir en subvención de capital, bonificación de xuros, minoración de amortizacións, axudas para sufragar custos do aval, ou nunha combinación delas.

b) A contía máxima de axuda, expresada en porcentaxe do investimento será, con carácter xeral, do 30% para bens inmobles e do 20% para mobles. Cando a explotación se atope situada nunha zona cualificada como desfavorecida no Regulamento (CE) 1257/1999, as axudas poderán chegar ó 40% no caso de bens inmobles e ó 25% no de mobles.

c) A distribución da axuda baixo as formas de subvención de capital, bonificación de xuros ou minoración de anualidades de amortización farase de acordo co disposto nos artigos 8, 9 e 10 do R.D. 204/1996.

d) Se o beneficiario é un agricultor mozo, que simultaneamente á primeira instalación, ou nos seguintes 5 anos a ela, antes de cumpri-los 40 anos presente un plan de mellora, poderá obter unha axuda suplementaria do 5% do investimento, que poderá ser aplicada en calquera dos tipos de axuda establecidos no punto 1º do artigo 7 do R.D. 204/1996. Esta axuda suplementaria ó investimento concederase, na súa integridade, cando o plan de mellora da explotación corresponda a un agricultor mozo instalado ou que se vai instalar na modalidade de titularidade exclusiva, e na proporción da participación do agricultor mozo no financiamento dos investimentos nas restantes modalidades de instalación.

No caso de plans de mellora nos que participe un agricultor mozo instalado nos cinco últimos anos, xa sexa baixo a modalidade de titularidade compartida ou cotitularidade, ou como socio de entidade asociativa, presentarase un documento asinado por tódolos partícipes no plan de mellora no que se estableza o grao de participación do mozo nos investimentos que se van realizar, para aplica-la axuda suplementaria descrita no parágrafo anterior.

Artigo 8º.-Prazo de execución do plan de mellora.

O prazo de execución dos investimentos incluídos no plan de mellora será, como máximo, de 18 meses computados a partir do día seguinte á data de concesión da axuda ou, se é o caso, da data de formalización do préstamo subvencionado correspondente. Só por petición expresa do interesado e, en casos excepcionais, o Ilgga poderá aprobar prazos de execución superiores cando as características do investimento así o aconsellen.

En calquera caso, se por causa xustificada o solicitante non puidese remata-la mellora no prazo previsto, deberá solicitar prórroga, especificando os motivos e o novo prazo de execución, que deberá ser aprobado pola Subdirección Xeral do Ilgga.

O incumprimento dos anteditos prazos de realización das melloras poderá levar aparellado a perda dos dereitos á axuda prevista na presente orde. As prórrogas ós prazos aprobados non poderán ser xus

tificadas con base en condicións meteorolóxicas, carencia de dispoñibilidade financeira ou de man de obra cualificada.

Sección segunda

Primeira instalación de agricultores mozos

Artigo 9º.-Solicitude e documentación complementaria.

O mozo que desexe acceder ás axudas á primeira instalación nas condicións, modalidades, e cos requisitos e criterios básicos previstos no R.D. 204/1996 presentará unha solicitude, segundo o modelo especificado no anexo I, xunto coa seguinte documentación:

1. Fotocopia cotexada do DNI.

2. Plan de explotación, conforme o establecido no punto 3º do artigo 13 do R.D. 204/1996, agás cando o mozo presente un plan de mellora dos previstos no punto 1º do artigo 4 do mencionado deal decreto. En calquera dos casos, deberá poñerse de manifesto o grao de viabilidade económica e a situación da explotación na que queda instalado o mozo e que prevexa para este unha renda procedente daquela igual ou superior ó 35% da renda de referencia.

3. Informe de vida laboral, emitido pola Tesourería da Seguridade Social sobre afiliación, tipo de réxime e períodos de alta .

4. Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria sobre as declaracións do IRPF presentadas polo solicitante e, se é o caso, copia das indicadas no punto 1 a) a.1 do artigo 2º da presente orde.

5. Xustificante da capacitación profesional, segundo o punto 1 b) b.3 do artigo 2º da presente orde.

6. Segundo a modalidade da primeira instalación prevista no artigo 14 do R.D. 204/1996:

a) Documento público que acredite o acceso á titularidade, exclusiva ou compartida, da explotación agraria por compra, herdanza, pacto sucesorio, doazón, arrendamento, parcería ou figuras xurídicas análogas, asumindo o mozo que se instala polo menos o 50% dos riscos e das responsabilidades civil, fiscal e social da xestión da explotación, así como a declaración do IRPF ou imposto de sociedades, segundo o caso, do anterior titular, se a primeira instalación se realiza de acordo coa letra a) do artigo 14 do R.D. 204/1996.

b) Se se accede á cotitularidade dunha explotación agraria prioritaria conforme a letra b) do artigo 14º do R.D. 204/1996, deberá acreditarse de acordo co artigo 18 da Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización das explotacións agrarias. No documento público que se asine para tal efecto deberá consta-lo seguinte:

b.1. Relación de tódolos elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado, dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que lle transmite ó mozo, que deberán representar, polo menos, 1/3

do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, 1/3 da propiedade tanto dos predios rústicos integrantes da propiedade como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e aproveitamento dos elementos da explotación transmitidos ó mozo cotitular continuarán integrados na referida explotación.

b.2. Que o titular e o agricultor mozo acordan que este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á sua xestión e ós investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ó 50%. O dito acordo deberá ter unha duración mínima de 6 anos.

c) Certificación expedida polo órgano rector da entidade onde se especifiquen as condicións de participación do agricultor mozo e a súa contribución, os estatutos da entidade, a relación de socios que exercen a dirección técnica e de xestión, así como a documentación que acredite a condición de prioritaria para a dita explotación, segundo os artigos 3 e 4 da orde desta consellería do 16 de xuño de 1998, no caso de integración como socio nunha entidade asociativa con personalidade xurídica, preexistente ou de nova constitución, que sexa titular dunha explotación prioritaria conforme a letra c) do artigo 14 do R.D. 204/1996.

7. Solicitude de cambio de titularidade da explotación, se é o caso.

8. Solicitude de transferencia en favor do novo titular dos dereitos de prima e cantidade de referencia de leite e productos lácteos que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.

Os documentos públicos sinalados nas letras a) e b) do punto 6, así como a solicitude de cambio de titularidade do punto 7 e a solicitude de transferencia recollida no punto 8 poderán ser presentados unha vez aprobado o expediente, xunto coa xustificación de realización de melloras, sendo, neste caso, substituídos na documentación que se lle xunte á solicitude de axuda á primeira instalación, por un compromiso debidamente aceptado por ámbalas dúas partes.

Artigo 10º.-Adquisición e acondicionamento da vivenda.

Cando os gastos se dediquen á adquisición ou acondicionamento da vivenda, esta deberá constituí-la residencia habitual do mozo, e estar situada na mesma parroquia que a explotación, ou nunha parroquia que limite coa de situación da explotación.

Cando se trate de construcción ou acondicionamento exterior da vivenda, esta deberá ser acorde coa tipoloxía da zona.

No caso de construcción de vivenda nova, o soar deberá ser propiedade do mozo como privativo ou ganancial, e, ademais, deberá contar con licencia municipal, de acordo co establecido na normativa

urbanística. Para dar cumprimento a este requisito, coa documentación da solicitude de axuda presentarase, de se-lo caso, a correspondente solicitude de licencia de obras, xuntándose, no momento da certificación dos investimentos e gastos, a licencia definitiva.

En tódolos casos se deberá presentar un bosquexo acoutado e unha memoria indicativa de tódalas melloras que se vaian realizar.

Artigo 11º.-Axudas á primeira instalación.

As axudas á primeira instalación de agricultores mozos, dirixidas a auxiliar gastos e investimentos derivados dela, poderán consistir en:

1. Unha bonificación de xuros, na que o importe actualizado non supere a cantidade de 2.475.000 pesetas, resultante de aplicar, durante un período máximo de quince anos, unha reducción do tipo de xuro preferente das entidades de crédito, establecido, de se-lo caso, nos convenios financeiros para os préstamos de primeira instalación.

2. Unha prima por explotación, que poderá substituírse, total ou parcialmente, por unha bonificación de xuros equivalente e con contía máxima de:

a) 2.475.000 pesetas no caso de instalación como cotitular dunha explotación prioritaria, conforme o indicado no punto 6 b) do artigo 9, sempre que a explotación resultante requira un volume de traballo equivalente, polo menos, a 2 UTA.

Esta mesma contía aplicarase nos casos de acceso á titularidade exclusiva por compra, herdanza, doazón ou cando a primeira instalación se produza aplicando a figura da apartación, recollida na Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia.

b) 1.950.000 pesetas nos demais casos de cotitularidade, ou instalación en entidades asociativas.

c) 1.000.000 de pesetas nos casos de instalación mediante contrato de arrendamento ou parcería.

Artigo 12º.-Casos especiais de primeiras instalacións.

Nunha mesma explotación non poderá percibirse máis dunha prima nin dunha bonificación de xuros por primeira instalación. No caso de existiren instalacións múltiples, estas axudas distribuiranse en función do grao de participación de cada mozo no conxunto dos gastos e investimentos derivados das ditas instalacións. Exceptúanse desta regra as primeiras instalacións que se produzan mediante a integración como socio nunha entidade asociativa, xa que estas axudas se outorgarán de forma íntegra a cada mozo solicitante que se instale, sempre e cando o volume de traballo na explotación asociativa requira unha UTA para cada mozo que se instale.

Nos casos en que o réxime económico do matrimonio sexa o de gananciais, non poderá ser beneficiario dunha axuda á primeira instalación un agricultor mozo cando o seu cónxuxe sexa xa titular dunha explotación agraria. Tampouco cando se pretenda a instalación nunha parte segregada da explo

tación, nin por integración como socio dunha entidade asociativa constituída co outro cónxuxe para o exercicio da actividade agraria na explotación da que este fora titular.

Artigo 13º.-Prazo de execución e acreditación da primeira instalación.

1. No relativo ó prazo de execución dos investimentos e gastos para a primeira instalación será de aplicación o indicado no artigo 8º.

2. Para acreditar que se produciu a primeira instalación e poder percibi-las axudas solicitadas deberase presentar:

a) Documentación suficiente que xustifique a realización dos gastos de instalación aprobados.

b) O documento de alta no réxime especial agrario da Seguridade Social ou no réxime de autónomos na actividade agraria e o documento de alta no censo de actividades económicas do Ministerio de Economía e Facenda (declaración censal modelo 036 ou 037) .

c) Declaración do IRPF correspondente ó último período, se é o caso.

d) Os documentos indicados nas letras a) e b) do punto 6 e nos puntos 7 e 8 do artigo 9º, de non telos presentados coa solicitude.

3. O pagamento da axuda poderá facerse de forma fraccionada aboando o 50% despois da certificación da realización dos gastos e investimentos e o outro 50% cando acredite o cumprimento de tódolos compromisos adquiridos no momento da solicitude.

4. O compromiso de exerce-la actividade agraria durante 5 anos con posterioridade á data de aprobación da axuda, será sometido a seguimento, en virtude das inspeccións e controis que se establezan, podendo esixir durante estes 5 anos e unha vez finalizado o período voluntario de presentación da declaración do IRPF, que o beneficiario lle envíe ó órgano xestor da axuda copia cotexada da declaración do IRPF e boletíns de cotización á Seguridade Social ou informe de vida laboral.

Sección terceira

Axudas incluídas no programa operativo de desenvolvemento rural de Galicia

A) Axudas cofinanciadas polo mapa e a Comunidade Autónoma.

Artigo 14º.-Axudas a agrupacións para investimentos dirixidos á prestación de servicios.

1. Poderán ser beneficiarios desta axuda as asociacións de productores agrarios que teñan por obxecto a realización de investimentos para a prestación de servicios a terceiros, sen prexuízo da súa utilización nas explotacións membros das agrupacións indicadas.

2. Os investimentos poderán ter por obxecto a creación de parques de maquinaria para a súa utilización en común, a construcción de instalacións para o almacenamento e subministración de medios para

as explotacións agrarias ou para a utilización polos servicios técnicos da agrupación. En ningún caso os investimentos terán por obxecto instalacións para a fabricación de pensos.

3. As agrupacións beneficiarias das axudas deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Que a súa forma xurídica sexa cooperativa, SAT ou sociedade laboral.

b) Que, polo menos, o 50% dos seus membros sexan agricultores profesionais ou titulares de explotacións prioritarias.

c) Que se comprometan a mante-lo servicio por un período mínimo de 10 anos.

d) Que o número de agricultores asociados sexa como mínimo de 10.

4. A axuda será, como máximo, do 30% do importe do investimento computable, que estará comprendido entre 10 e 28 millóns de pesetas por agrupación.

Esta axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización dos préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos non poderán supera-lo 90% do investimento total que se vaia realizar e serán formalizados no marco dos convenios financeiros conforme a disposición adicional 3ª do R.D. 204//1996 ó xuro preferente establecido neles.

Esta axuda que poderá aboárselle dunha soa vez directamente ó beneficiario, despois de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos, non poderá superar en ningún caso o 40% do importe do préstamo.

5. Para obter esta axuda, as agrupacións interesadas presentarán unha solicitude, de acordo co modelo do anexo I da presente orde, xunto cos seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF.

b) Copia dos estatutos da agrupación e relación dos socios.

c) Memoria xustificativa dos investimentos.

d) Orzamento detallado dos investimentos que se van realizar.

e) No caso de investimentos en obra civil, que deberá adaptarse á tipoloxía da zona, presentarase o correspondente proxecto asinado por un técnico competente.

As contruccións novas deberán contar coa preceptiva licencia municipal, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para dar cumprimento a este requisito, coa documentación da solicitude incluirase a correspondente solicitude da licencia de obras e, no momento da certificación, presentarase aquela.

f) Certificado de titularidade de conta en entidade financeira.

g) Certificado de estar ó día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma.

6. O prazo máximo de execución destes investimentos será de 12 meses, contados desde a data de formalización do préstamo correspondente. No relativo a prórrogas e perdas de dereitos de axuda será de aplicación o indicado no artigo 8º.

Para a xustificación da axuda, a agrupación deberá aterse ó disposto no artigo 27 desta orde, tendo en conta o prazo establecido no parágrafo anterior.

Artigo 15º.-Axudas a agrupacións agrarias para a creación de servicios de substitución.

1. Poderán ser beneficiarios desta axuda as asociacións agrarias que teñan por obxecto a creación de servicios de substitución nas explotacións dos seus socios, para contribuír á cobertura dos gastos de xestión, funcionamento e posta en marcha, orixinados na fase inicial do servicio.

2. Para ter dereito a esta axuda, o servicio de substitución deberá ser autorizado polo Ilgga e empregar, alomenos, unha persoa, a tempo completo, cualificada para o traballo que deberá desempeñar.

3. Os casos de substitución, que poderán comprende-la substitución temporal do titular da explotación, do seu cónxuxe ou dun colaborador adulto que traballe nela, serán os seguintes: enfermidade, accidente, asistencia a actividades de formación profesional, necesidade familiar ou períodos vacacionais.

4. As agrupacións beneficiarias das axudas deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Que a súa forma xurídica sexa a dunha cooperativa, SAT ou agrupación de agricultores, formalmente constituída mediante documento subscrito por tódolos seus membros.

b) Levar unha contabilidade que permita determina-los gastos e ingresos derivados do servicio de substitución e un control dos servicios prestados polo axente.

c) Comprometerse a mante-lo servicio por un período mínimo de 5 anos.

d) Que o número de agricultores afiliados sexa, como mínimo, de 20.

5. A axuda non poderá supera-la cantidade de 2.973.000 pesetas por axente cualificado, empregado a tempo completo nas actividades de substitución, nin o 70% dos gastos obxecto de axuda. O importe da axuda distribuirase entre os 5 primeiros anos de actividade de cada axente.

6. Para obter esta axuda as agrupacións interesadas presentarán unha solicitude, de acordo co modelo do anexo I da presente orde, xunto cos seguintes documentos:

a) Fotocopia do CIF.

b) Copia dos estatutos da agrupación.

c) Relación de socios participantes no servicio.

d) Memoria xustificativa do servicio de substitución, orzamento de gastos anuais e plan de financiamento.

e) Certificado de titularidade de conta en entidade financeira.

f) Certificado de estar ó día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma.

7. Para a percepción anual da axuda a agrupación deberá presentar:

a) Copia das nóminas do axente de substitución.

b) Documentos TC-1 e TC-2 da Seguridade Social.

c) Informe do responsable da agrupación no que se indiquen as substitucións realizadas en cada explotación.

Artigo 16º.-Axudas a agrupacións agrarias para a creación e incremento de servicios de axuda á xestión de explotacións.

1. Poderáselles conceder ás agrupacións e asociacións agrarias que o soliciten, unha axuda para a creación ou incremento de servicios de axuda á xestión das explotacións destinada a contribuír á cobertura dos custos de funcionamento.

2. A axuda concederase para a actividade de axentes encargados de contribuír, de forma individual, á xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións agrarias.

3. A dita axuda non poderá supera-la cantidade de 8.920.000 pesetas por axente empregado a tempo completo para realiza-las actividades previstas anteriormente e repartirase nos 5 anos da actividade do axente.

4. Para ter acceso a estas axudas, as agrupacións e asociacións agrarias de agricultores deberán estar autorizadas para tal fin polo Ilgga e empregar, a tempo completo, polo menos, un técnico cualificado para o desenvolvemento da xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións agrarias, sen que o número de agricultores afiliados sexa inferior a 20.

5. As agrupacións de xestión empresarial de explotacións (AXE) que desexen acollerse a estas axudas presentarán unha solicitude, de acordo co modelo do anexo I, e cumprirán, como mínimo, os seguintes requisitos para seren autorizadas:

a) Estaren constituídas como cooperativa, SAT ou outra forma contractual con personalidade xurídica de seu, subscrita polos agricultores titulares das explotacións, agás sociedades mercantís, sempre que entre os seus obxectivos se encontre a prestación, ós seus socios, de servicios de axuda á xestión das explotacións.

Para acreditalo presentarán copia dos estatutos e do CIF da entidade.

b) Presentar un documento subscrito por cada un dos membros participantes no programa, no que se indiquen os datos de identificación deles e das súas explotacións, así como a finalidade do programa de xestión empresarial que se vaia realizar e os compromisos adquiridos para levalo a cabo.

c) Presentar un programa de xestión empresarial, que inclúa unha memoria, indicando a necesidade, medios materiais e humanos para realizalo, normas de funcionamento, fins e resultados esperados para cada ano. Este programa de xestión empresarial, que deberá ser aprobado polo Ilgga, terá que considerar, alomenos, algún dos seguintes obxectivos:

-Analiza-los resultados das contabilidades dos agricultores, co fin de fundamentar consellos de xestión para as súas explotacións e as de agricultores con explotacións similares.

-Prestar asistencia técnica en aspectos relacionados coa actividade productiva desenvolvida polas explotacións dos asociados, así como asesorar en materia de planificación, execución e financiamento de investimentos nas explotacións.

-Outros aspectos relacionados coa xestión técnica, económica, financeira e administrativa das explotacións.

d) Presenta-lo currículum vitae, que inclúa copia da titulación académica de cada axente de xestión. Segundo este, o Ilgga determinará, en cada caso, a idoneidade daquel para o desenvolvemento das funcións previstas no programa de xestión empresarial. Cando un axente de xestión cause baixa na agrupación e sexa substituído por outro, esta circunstancia deberá ser posta en coñecemento do dito instituto nun prazo máximo de 30 días desde que se produciu a baixa, solicitándose a autorización para o cambio e presentando a documentación devandita referida ó novo técnico.

A Subdirección Xeral do Ilgga poderá organizar cursos de especialización para a formación complementaria de axentes de xestión que presten, ou vaian prestar, os seus servicios en agrupacións de xestión acollidas a esta axuda.

e) Certificado de titularidade de conta en entidade financeira.

f) Certificado de estar ó día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma.

6. Anualmente, a agrupación de xestión empresarial, enviará ós servicios provinciais do Ilgga unha memoria da actividade realizada, na que se indicarán os datos técnicos e económicos que, de acordo co programa de xestión desenvolvido, permitan avalia-los resultados de cada ano. Esta memoria incluirá, ademais, unha relación das explotacións que recibiron asistencia técnica e un resumo das visitas efectuadas. Así mesmo, con idéntica periodicidade, a AXE remitirá copia do contrato laboral e das nóminas percibidas polo axente de xestión no dito período.

O Ilgga poderá realizar controis sobre as explotacións para determina-lo cumprimento do programa de xestión empresarial.

As agrupacións de xestión empresarial de explotacións autorizadas poderán utiliza-las aplicacións informáticas de xestión que o devandito organismo autónomo ten establecidas para diversos tipos de

actividades agrícolas e gandeiras, mediante a aceptación previa das correspondentes condicións de cesión e uso.

A duración mínima da agrupación de xestión será de 5 anos.

B) Plans de mellora rexionais específicos.

Artigo 17º.-Beneficiarios dos plans de mellora.

1. No marco das axudas ós investimentos en explotacións agrarias previstos nos artigos 4 a 7 do Regulamento (CE) 1257/1999 do consello e de acordo co previsto na disposición adicional 3ª do R.D. 204/1996, do 9 de febreiro, establécense axudas na Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de investimentos en plans de mellora rexionais específicos.

2. Poderán ser beneficiarios das axudas a plans de mellora:

a) As persoas físicas titulares de explotacións agrarias que, non sendo agricultores profesionais, cumpran o resto dos requisitos recollidos no artigo 4 do R.D. 204/1996 e no artigo 2º desta orde.

b) As persoas xurídicas titulares de explotacións agrarias que, non sendo prioritarias nin o vaian ser coa aplicación das axudas, cumpran o resto dos requisitos recollidos no artigo 4 do R.D. 204/1996 e no artigo 2º desta orde.

c) As comunidades de bens titulares de explotacións agrarias nas que ningún comuneiro sexa agricultor profesional pero que cumpran o resto dos requisitos recollidos no artigo 4 do R.D. 204/1996 e no artigo 2º desta orde.

Artigo 18º.-Investimentos obxecto de axuda e limitacións sectoriais.

Os beneficiarios deberán presentar un plan de mellora que inclúa investimentos que se aplicarán ós obxectivos contemplados no artigo 5 do R.D. 204/1996, coas excepcións do seu anexo 4, e nos artigos 4 e 6 desta orde, coas limitacións sectoriais previstas no artigo 6 do R.D. 204/1996 e no artigo 5º desta orde.

Artigo 19º.-Contía do investimento e das axudas-

1. A contía do investimento do plan de mellora estará condicionada polo indicado no artigo 7º1. desta orde.

2. A contía máxima das axudas, expresada en porcentaxe do investimento, será, con carácter xeral, do 15% para bens inmobles e do 10% para bens mobles. Cando a explotación se atope situada nunha zona cualificada como desfavorecida no Regulamento (CE) 1257/1999, as axudas poderán chegar ó 20% no caso de bens inmobles e ó 15% no caso de bens mobles.

Artigo 20º.-Reposición de gando sacrificado por saneamento.

Malia o disposto no artigo 19º, en relación cos investimentos exceptuados no anexo 4 do R.D. 204/1996, poderán ser tidos en conta os investi

mentos para compra de gando para repoñe-lo sacrificado como consecuencia de saneamento gandeiro, naqueles casos nos que o sacrificio afecte a unha porcentaxe superior ó 10% do censo da explotación, xustificado co informe técnico do Servicio Provincial de Sanidade e Producción Animal.

A reposición de gando deberá facerse con animais de alta calidade xenética inscritos nos libros xenealóxicos ou equivalentes.

Na reposición de gando, se o beneficiario, ademais, cumpre tódolos requisitos establecidos no artigo 4 do R.D. 204/1996 e artigo 2º desta orde, as contías de axuda expresadas en porcentaxe do investimento serán as expresadas no artigo 7º2 b).

En ningún caso a suma da indemnización por sacrificio de animais e a axuda para reposición de gando sacrificado pode supera-lo valor do gando adquirido.

Artigo 21º.-Tipo de axuda.

A axuda consistirá na subvención, total ou parcial, dunha ou varias anualidades de amortización de préstamos formalizados para levar a cabo o investimento. Estes préstamos non poderán supera-lo 90% do investimento total que se vaia realizar e formalizaranse no marco dos convenios conforme a disposición adicional 3ª do R.D. 204/1996 ó xuro preferente establecido neles.

A axuda á amortización prevista, que agás no caso das axudas incluídas no artigo 20º da presente orde, non poderá supera-lo 40% do importe do préstamo, poderá aboarlla o Ilgga, dunha soa vez, directamente ó beneficiario, despois de formalizado o préstamo e certificada a realización dos investimentos previstos.

Artigo 22º-Solicitudes.

Os interesados neste tipo de axudas deberán presentar unha solicitude, de acordo co modelo do anexo I, xunto coa documentación xustificativa dos requisitos indicados no artigo 17º e, de sé-lo caso, do artigo 20º.

Sección cuarta

Tramitación

Artigo 23º.-Presentación de solicitudes e prazo.

1. A presentación das solicitudes de axudas para cada medida das incluídas nesta orde realizarase segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, preferentemente, nas axencias comarcais de Extensión Agraria, utilizando os impresos normalizados incluídos como anexo I da presente orde, que estarán á disposición dos interesados nas mencionadas oficinas, xunto coa documentación complementaria prevista para o tipo de axuda solicitada.

2. As devanditas unidades administrativas asesorarán os solicitantes na realización dos estudios técnico-económicos necesarios para a elaboración dos plans de mellora das estructuras das explotacións,

así como na tramitación das restantes axudas previstas nesta orde.

3. O prazo de presentación de solicitudes finalizará, con carácter xeral, o día 20 de xuño do presente ano. Sen embargo, para os casos de primeiras instalacións de mozos motivadas por cesamento anticipado na actividade agraria acollido ás axudas do R.D. 1695/1995, xubilación, falecemento ou invalidez do actual titular da explotación, así como para as axudas recollidas no artigo 20º da presente orde, este prazo permanecerá aberto ata o final do ano 2000.

Artigo 24º.-Conformidade previa de entidade financeira.

1. Na tramitación de axudas vinculadas a préstamos, para a súa aprobación polo Ilgga, o solicitante deberá achegar, previamente, a conformidade dunha entidade financeira asinante do convenio financeiro coa Secretaría Xeral de Agricultura e Alimentación do MAPA, á concesión do préstamo correspondente.

2. O prazo para formaliza-la póliza coa entidade financeira será de 60 días, improrrogables, contados desde a data que figure na proposta de préstamo. Transcorrido este prazo, quedará anulada a opción á axuda, salvo casos de forza maior oportunamente xustificados.

Artigo 25º.-Priorización de solicitudes.

En función das dispoñibilidades orzamentarias e das solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, a Dirección do Ilgga asignará unha contía de orzamentos a cada unha das liñas de axuda indicadas no artigo 1º.

Dentro de cada tipo de axuda, os expedientes completos e que cumpran tódalas condicións iniciais esixidas pola normativa, clasificaranse asignándolle a cada un deles unha puntuación en función dos seguintes criterios referidos ó titular e á explotación:

1. Axudas á primeira instalación:

a) Titular dunha explotación prioritaria.

b) Orientación productiva da explotación.

c) Modalidade da instalación do mozo.

d) Viabilidade da explotación.

e) Primeira instalación ligada a un plan de mellora.

f) Tipo de investimento obxecto da axuda.

g) Dimensión productiva da explotación.

h) Axuda ligada ó préstamo.

i) Situación da explotación.

2. Plans de mellora:

a) Titular dunha explotación prioritaria.

b) Orientación productiva da explotación.

c) Tipo de titular.

d) Idade do titular.

e) Viabilidade da explotación.

f) Carga gandeira da explotación.

g) Importe do investimento obxecto da axuda.

h) Axuda ligada a préstamo.

i) Tipo do investimento obxecto da axuda.

j) Dimensión productiva da explotación.

k) Situación da explotación.

3. Axudas a agrupacións para investimentos dirixidos á prestación de servicios.

a) Número de socios da agrupación.

b) Investimento por socio.

4. Axudas a agrupacións agrarias para a creación de servicios de substitución.

Número de socios da agrupación.

5. Axudas a agrupacións agrarias para a creación e incremento de servicios de axuda á xestión de explotacións.

a) Novas agrupacións.

b) Agrupacións existentes.

c) Número de explotacións receptoras do servicio.

6. Plans de mellora rexionais específicos.

a) Tipo de investimento obxecto da axuda.

b) Importe de investimento por UTA final.

Artigo 26º.-Resolución.

1.O presidente do Ilgga resolverá os expedientes, comunicándollo ó interesado, ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e, se é o caso, á entidade financeira correspondente, segundo o previsto na normativa vixente e convenios establecidos ou que se establezan entre o devandito ministerio, a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e as entidades financeiras.

2. O prazo máximo para dictar e notifica-la correspondente resolución será de 6 meses, contados a partir do día da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dictara e notificara expresamente a resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 27º.-Certificación de investimentos e gastos.

Só serán auxiliables os investimentos que se realicen con posterioridade á data de solicitude, sempre e cando recaia resolución aprobatoria da axuda sobre os ditos investimentos, agás o previsto no artigo 13.2º do R.D. 204/1996.

Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos e cumpridos, de se-lo caso, os compromisos adquiridos, os interesados deberán comunicarllo por escrito ó órgano xestor do expediente, con anterioridade ó remate do prazo concedido para a execución das melloras. De non facelo deste xeito, entenderase que renuncia expresamente ás axudas concedidas, quedando sen efecto a resolución de concesión dictada e debendo reintegra-las cantidades percibidas, se é o caso, sen prexuízo das responsabilidades a

que houber lugar. Unha vez comunicado o remate dos investimentos, os servicios da consellería realizarán as correspondentes certificacións previas ó pagamento da axuda.

O importe do investimento certificado non poderá ser inferior, en máis dun 20%, ó investimento aprobado, nin ós mínimos establecidos para as distintas axudas, aténdose, neste caso, ó disposto no punto 1 do anexo 7 do R.D. 204/1996.

Artigo 28º.-Financiamento das axudas.

1. A participación do Ilgga no financiamento do programa de axudas que recolle esta disposición axustarase ó disposto no R.D. 204/1996 sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias no relativo ó financiamento de actuacións.

2. O financiamento efectuarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.50.712-A.770.0 e 09.50.712-A.773.0 dotadas con 3.736 millóns e 100 millóns respectivamente, para este programa, nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2000, aprobados pola Lei 7/1999, do 29 de decembro, dos que 500 e 100 millóns respectivamente, se destinarán a novas aprobacións de solicitudes no marco da presente orde. O financiamento poderá ser incrementado con fondos adicionais comunitarios, estatais e da Comunidade Autónoma.

Artigo 29º.-Seguimento e control da concorrencia e acumulación de axudas.

Os solicitantes das axudas previstas na presente orde xuntarán coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de tódalas solicitudes de axuda, efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto, polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, o solicitante presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 30º.-Obriga de facilitar información.

Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lle poidan esixi-los órganos correspondentes do Ilgga, o beneficiario da axuda ten a obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervanción Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

Artigo 31º.-Modificación da resolución de concesión.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións

ou axudas outorgadas por outras admnistracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 32º.-Reitegro da axuda.

Procederá o reintegro, total ou parcial, do importe da axuda mailos xuros de demora devengados desde o pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 33º.-Recursos administrativos.

As resolucións que, en aplicación da presente orde, dicte o presidente do Ilgga esgotarán a vía administrativa e contra elas poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o dito órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Disposicións adicionais

Primeira.-Cualificación de explotacións agrarias prioritarias.

O Ilgga, nos casos en que a documentación achegada polo solicitante das axudas previstas nesta orde sexa dabondo e se reúnan os requisitos esixidos, efectuará a cualificación da explotación como prioritaria de acordo co establecido na orde desta consellería, do 16 de xuño de 1998, pola que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias Prioritarias na Comunidade Autónoma de Galicia, comunicándollo ó interesado.

Segunda.-Solicitudes de exercicios anteriores.

As solicitudes formuladas ó abeiro das ordes desta consellería do 24 de abril de 1998, e 25 de maio de 1999, polas que se aplican medidas sobre melloras estructurais e modernización das explotacións agrarias, ás que non lles foi concedida a axuda solicitada, teranse en conta na presente convocatoria, agás indicación do interesado en sentido contrario, dirixida ó servicio provincial correspondente do Ilgga. A tramitación dos expedientes continuará desde o trámite no que se encontraba ó final do exercicio anterior, debendo resolverse conforme o disposto nesta orde e no R.D. 204/1996, modificado polo R.D. 2067/1999.

Terceira.-Infraccións e sancións.

Seralles de aplicación ós beneficiarios das axudas reguladas nesta orde, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme a redacción dada pola Lei 8/1999, do 29 de decembro, de medidas fiscais e orzmentarias e de función pública e actuación administrativa, sen prexuízo do disposto no artigo 48.3º do regulamento (CE) 1750/1999, do 23 de xullo, da Comisión.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación, do 17 de abril de 1985, pola que se establece a aplicación en Galicia de normas sobre as condicións indispensables que deben reuni-los equipos de muxido e os tanques de refrixeración, para que poidan ser obxecto de auxilio económico.

Disposición transitoria

O disposto nos puntos 3 e 4 do artigo 6º da presente orde, non será de aplicación para os investimentos que, ó abeiro desta orde, se efectúen ata o 31 de decembro do presente exercicio.

Así mesmo, en canto ó establecido no punto 2 do mesmo artigo, non será de aplicación para as solicitudes incluídas na disposición adicional segunda desta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director do Ilgga para o establecemento das marxes brutas das principais actividades productivas das explotacións das distintas comarcas galegas, así como para dicta-las instruccións precisas para o mellor desenvolvemento e execución do disposto nesta orde, amais de modificar, por resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, os prazos de presentación das solicitudes ou calquera outra condición ou requisito dos establecidos nesta orde, cando teñan a súa orixe nas modificacións habidas na normativa comunitaria ou estatal reguladora destas axudas.

Segunda.-A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural establecerá a duración e programas dos cursos de incorporación á actividade agraria, en función da idade e grao de experiencia, para os mozos que soliciten a súa instalación no sector como agricultores mozos.

Terceira.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria