Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto, para a asistencia técnica externa para a elaboración do Plan xeral de modernización da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 4225/2000).

Obxecto: asistencia técnica externa para a elaboración do plan xeral de modernización da Deputación da Coruña.

Lugar de execución: A Coruña.

Orzamento: 60.000.000 de ptas., 360.607,26 euros.

Prazo de execución: o prazo máximo de execución do contrato será de oito meses contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: 2% do importe da licitación (1.200.000 ptas., 7.212,15 euros).

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas do día 23 de xuño de 2000.

Data de envío ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 2 de maio de 2000.

Anuncio externo: BOP da Coruña.

A Coruña, 2 de maio de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña