Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra

Orzamento contrataPrazo execuciónClasificación esixida

Nº 10/P.0.1.2000 Cervantes. Abastecemento de auga a Cela e San Román10.000.0003 meses Non se esixe

Nº 13/P.0.1.2000 Folgoso do Courel. Abastecemento de auga en Folgoso do Courel, Noceda e Seoane10.000.0004 meses Non se esixe

Nº 14/P.0.L.2000 A Fonsagrada. Abastecemento de auga a Carballido10.000.0004 meses Non se esixe

Nº 23/P.0.1.2000 Alfoz. Saneamento en Correlos-A Granda (Mor)10.000.0004 meses Non se esixe

Conservación anual de vías provinciais na zona de Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, O Páramo, Paradela e Portomarín44.310.8401 ano Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Conservación anual en vías provinciais na zona de Begonte, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei e Rábade42.750.8401 ano Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Docimilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia; se ó último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10 a 14 horas.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ós proxectos aprobados de conservación anual; no resto das obras poderase rebaixar no prazo de execución.

Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 5 de maio de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo