Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/3822 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material de oficina consumible con destino á Deputación Provinical da Coruña: material de arquivo, material de escritura, carpetas de congreso, cintas, papel, fax, pilas..., encadernación, papelería, sobres, útiles de oficina, útiles de sobremesa, varios/1, varios/2, cintas rotuladora, carros, accesorios.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: ata o 31 de decembro de 2000.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 11.639.275 pesetas, 69.953,45 euros, desagregado en 14 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Álferez Provisional, s/n, 5º, 15003 A coruña. Telf.: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de abril de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña