Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 20 de marzo de 2000, aprobou inicialmente o proxecto denominado Criterios compositivos das fachadas dos bloques C da praza central do SUP-4, promovido por Ruafer, S.A.

O proxecto afecta a edificación das parcelas C1, C2, C.3.1, C.3.2 e C4 do proxecto de compensación do polígono único do Plan parcial do SUP-4, que conforman a praza situada no extremo oeste do sector, atravesada pola rúa E do Plan parcial.

En cumprimento do establecido no Plan parcial do SUP-4, o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde