Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do acordo adoptado pola Alcaldía presidencia o 4-5-2000, anúnciase a contratación, por procedemento aberto e concurso, das obras de:

1. Obxecto do contrato: É obxecto do contrato a execución das obras de dotación de beirarrúas e pluviais en Soñeiro.

2. Tipo de licitación: 25.000.000 de pesetas.

3. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: Durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

4. Garantía definitiva: O 4% do orzamento.

5. Presentación de proposicións: Durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG.

6. Apertura de proposicións: Terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Sada, 4 de maio de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde