Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

EDICTO.

Tramitándose neste concello expediente de declaración de estado de ruína das sepulturas do cemiterio municipal de Eidos deste concello, faise público que as familias dos inhumados dispoñerán de tres meses a partir desta publicación, para que poidan adopta-las medidas que o ordenamento xurídico lles permita para a obtención por este concello da declaración de ruína citada, de conformidade co disposto no artigo 57 en relación co 61 do Decreto 134/1998, do 23 de abril.

Redondela, 13 de abril de 2000.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde