Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, de 29 de xuño, sobre delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión realizada con data do 30 de marzo de 2000, prestou aprobación definitiva á modificación puntual da ordenanza urbanística do parque empresarial de Espiñeira.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOP ou no DOG, sen prexuízo de que se poida interpor recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou o presente acordo no prazo dun mes segundo o disposto no artigo 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, ou utilizar calquera outro recurso que considere oportuno.

Boiro, 12 de abril de 2000.

Jesús Alonso

Alcalde