Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

Unha vez aprobado inicialmente pola comisión de goberno deste concello, na sesión do día da data, o proxecto de urbanización do polígono SU-17, a pedimento de Promociones Garvilfer, S.L , segundo a documentación técnica redactada por Diagrama

Ingeniería, S.L., sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio no DOG e no diario La Región, co fin de que poida ser examinado na secretaría municipal e presentarse as alegacións que se consideren oportunas.

Barbadás, 26 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado