Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno en sesión realizada con data do 3-5-2000 acordou corrixi-lo erro detectado en relación coa clasificación empresarial requirida para participar na licitación das obras relativas ó proxecto da ampliación do parque da Cachada (ver anuncios publicados no DOG nº 73, do 13 de abril, no BOP nº 92, do 22 de abril e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego do 27-4-2000) de xeito que a clasificación requirida será a seguinte:

-Grupo A, subgrupos 1 e 2, categoría A.

-Grupo C, subgrupo 2, categoría A.

-Grupo E, subgrupo 1, categoría A.

En consecuencia ábrese un novo período de presentación de ofertas por un prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste

anuncio no DOG ou no BOP, permanecendo invariables o resto dos requisitos fixados inicialmente para a licitación.

Boiro, 4 de maio de 2000.

Jesús Alonso

Alcalde