Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de abril de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00931-O-1999 e tres máis).

Pola presente cédula notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interporen recurso de alzada dentro do prazo, e de non o faceren así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 3 de abril de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00931-O-1999

PO-1282-AZ

G.C. Tráfico

Pescados Jabemar, S.L.

Pumariño, 12

36900 Marín (Pontevedra)

Transportar peixe carecendo dos distintivos de raio de acción nos laterais da cabina do camión. Servicio privado.

24-3-1999; 2.54; N-550; 149

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/199010.000 ptas.

PO-01090-O-1999

PO-8704-AJ

G.C. Tráfico

José Antonio Bello Fernández

García Barbón, 188, 1º B

36206 Vigo (Pontevedra)

Transportar lácteos e derivados, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

12-5-1999; 7.25; N-120; 667

Art. 90 da Lei 16/1987, e Art. 41 do Real decreto 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/199015.000 ptas.

PO-01223-O-1999

OR-4900-K

G.C. Tráfico

Oteca, S.A.

Cantera-Laxedo, s/n

32004 Esgos (Ourense)

Transportar barro carecendo de tarxeta de transportes. Posúe distintivos de raio de acción. Servicio privado.

7-6-1999; 13.30; s/k

Art. 199 b) do Real decreto 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/1990 5.000 ptas.

PO-01298-O-1999

PO-0274-W

G.C. Tráfico

Transportes Santiago Iglesias, S.L.

Brasil, 60

36204 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando vehículos para Citroën, carecendo de tódolos distintivos de raio de acción. Servicio público.

21-6-1999; 18.10; N-120; 661

O.M do 25 de outubro de 1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do Real decreto 1211/199010.000 ptas.