Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se notifican liquidacións de reintegros de axudas e subvencións á contribuínte que se sinala (Durán Presa, María Isabel).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio deste anuncio liquidacións polas que se lles require un reintegro ós obrigados tributarios que se sinalan no anexo.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 3 da Orde do 21 de xullo de 1998 pola que se regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas e subvencións.

A débeda deberá ser ingresada nos prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, contados desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia. A débeda non satisfeita nos prazos previstos no citado artigo,

esixirase na vía de constrinximento, de acordo co artigo 97 do mencionado regulamento.

Vigo, 14 de abril de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Obrigado tributario: María Isabel Durán Presa.

DNI: 35.959.714.

Domicilio: Lorient, 1-9º B, Vigo.

Nº de expediente: 1999/54/000/01693/-00151/00011/20000306-1998/54/000/H-25/99.

Importe: 300.000 pesetas, 1.803,04 euros.

Causas: incumprimento das condicións da concesión da subvención.