Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios consistente na impresión e distribución de seis números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das admi-

nistracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro e 24 do Real Decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Instituto Galego de Consumo.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: realización dos traballos de preimpresión, impresión, fotomecánica, encadernación e distribución de seis números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 49, do 10-3-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.000.000.

5. Adxudicación.

a) Data: 13-4-2000.

b) Contratista: Editorial Compostela, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 11.400.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo