Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión do 28-3-2000, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Carballo número 8/1999, relatiava á apertura dunha via entre as rúas Matadoiro e Lirios.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno da Corporación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Alternativamente, poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que esta deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Carballo, 13 de abril de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde