Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de abril de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal 49/1999, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º de Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 11 de abril de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 49/1999 (ocupación s/título).

Expedientado: Juan Antonio Rodríguez Abad e herdeiros.

Último domicilio coñecido: O Birloque, bloque 10, 5º B. (A Coruña).

(Expediente C-1-CD/1979, conta 378).