Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución recaída do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-45/1999, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O interesado poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. De non interpoñelo advírteselle que deberá ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobramento de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 6 de abril de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S.OU-45/1999.

Presunto responsable: José Antonio Fernández Pérez.

Último enderezo coñecido: estrada Barra de Miño, bloque III, 3º C, 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5 c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.