Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1998, de costas, no seu regulamento, aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolucións que poñen fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condición correspondentes.

Resolución: 22-2-2000.

Obxecto: ampliación da concesión destinada á construcción dunha lonxa climatizada, para a construcción de cámaras frigoríficas.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Puerto de Celeiro, S.A.

Prazo: ata o 18-6-2027.

Resolución: 3-4-2000.

Obxecto: modificación da concesión destinada á construcción dunha planta de coxeración.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Puerto de Celeiro, S.A.

Prazo: ata o 18-6-2027.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo, á elección do interesado, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña

aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público de Portos de Galicia