Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Vigo (OAP Vigo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Organización de Autónomos e Profesionais da Localidade de Vigo (OAP Vigo), que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: autónomos, empresas, integrados en tódolos oficios, gremios, comerciais, profesións libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeira, pesqueiras e a tódolos que realicen un traballo por conta propia.

Asinan a acta de constitución: Purificación Silva Martínez e dous máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 25 de abril de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra