Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE XIXÓN

CÉDULA de notificación (161/2000).

Eu, Carmen Villar Sevillano, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un de Xixón, fago saber:

Que no procedemento demanda 161/2000 deste Xulgado do Social número un de Xixón, seguidos por instancia de Fremap mutua de accidentes contra a empresa Benito Arturo Pérez Álvarez, Nova Boroña, S.A., INSS, Tesourería Xeral da Seguridade Social, sobre prestacións dictouse resolución con data do 10-4-2000 cunha parte dispositiva, copiada no necesario, que é do seguinte teor:

«Que desestimando por completo a demanda formulada pola entidade Fremap, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, debo declarar e declaro non ter lugar esta, absolvendo, en consecuencia, a Benito Arturo

Pérez Álvarez, á empresa Nova Boroña, S.A., ó Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesourería Xeral da Seguridade Social das reclamacións contra eles efectuadas.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias, recurso de suplicación que deberá ser anunciado nos cinco días seguintes á notificación e cumprirá as formalidades previstas nos artigos 192, 227, 228 e 229 da LPL (R.D.L. 2/1995, do 7 de abril). Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nova Boroña, S.A. en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no boletín oficial da Xunta de Galicia.

En Xixón, catorce de abril de dous mil.

Advírtese ó destinatario que as seguintes comunicacións faranse nos estrados deste xulgado, agás as revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

Secretario xudicial

Rubricado