Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (155/1999).

Eu, Lorenzo Villapando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 155/1999 se acordou citar a Fernando Javier Prieto Codes, ó xuízo de faltas que terá lugar o día 10 de maio, ás 11,30 horas, baixo o apercibimento de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Fernando Javier Prieto Codes, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o trece de abril de dous mil.

O secretario

Rubricado