Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración dun sistema informático de arquivo documental de prensa, fotografía e edición de vídeo para a oficina de seguimento.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, por proposta da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, convoca o seguinte concurso público aberto. Regularase conforme o disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e o Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da antedita lei, e demais lexislación concordante.

Obxecto do contrato.

Subministración dun sistema informático de arquivo documental de prensa, fotografía e edición de vídeo para a oficina de seguimento.

As proposicións económicas para esta contratación realizaranse por lotes:

Lote 1: 5.800.000 ptas. (34.858,7 euros).

Lote 2: 3.300.000 ptas. (19.833,4 euros).

O orzamento máximo para a realización do citado traballo, IVE incluído, será de 9.100.000 pesetas (54.692,10 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.08.361A.626.0. Neste orzamento estarán incluídos os impostos e demais gastos inherentes a ela.

Garantías:

-Provisional: 2% do lote licitado.

-Definitiva: 4% do lote adxudicado.

-Clasificación e categoría: non esixe.

Presentación de ofertas.

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural, seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en día inhábil, o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán as súas ofertas en tres sobres pechados (A, B, e C) e conterán os documentos previstos no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co artigo 80 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: a documentación que hai que presentar entregarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano) ou no da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos en Santiago de Compostela, ou tamén por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Modelo de proposición: a proposición económica realizarase por lotes e formalizarase conforme o modelo que se xunta como anexo I (Modelo de proposición) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación na sala da Consellería da Presidencia e Administración Pública ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os documentos de interese para os licitadores, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares como o de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, sita nas

dependencias do Pazo de Raxoi ou no Edificio administrativo de San Caetano. Teléfono de aclaracións: 981 54 12 05.

Anuncios.

O custo do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios de cada un dos lotes, en función do importe contratado.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións

cos Medios Informativos