Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de revisión salarial do convenio colectivo do grupo de empresas Complexo Bamio, S.L., Inversiones Deportivas Ourensanas, S.A. e Escuelas Deportivas Bamio, S.L. de Ourense.

Visto o texto da acta da revisión salarial do convenio colectivo do grupo de empresas Complexo Bamio, S.L., Inversiones Deportivas Ourensanas, S.A. e Escuelas Deportivas Bamio, S.L. de Ourense (código convenio nº 3200833), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 23-3-2000, subscrito pola comisión mixta do convenio colectivo o día

17-3-2000 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 4 de abril de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta de revisión salarial do convenio colectivo Bamio

Reunidos en Ourense o 17 de marzo de 2000 os membros da comisión mixta do convenio colectivo do grupo de empresas Complexo Bamio, S.L., Inversiones Deportivas Ourensanas, S.A. e Escuelas Deportivas Bamio, S.L., acórdase proceder á revisión salarial prevista no artigo 24 do convenio colectivo que establece para o ano 2000 e desde o 1 de xaneiro unha suba salarial equivalente ó IPC oficial ó 31 de decembro de 1999 máis o 0,5% para aqueles/as traballadores/as con salario inferior ás 100.000 pesetas, e do IPC oficial para os/as que teñan un salario superior ás 100.000 pesetas.

De acordo con isto, a táboa salarial para o ano 2000 é a seguinte:

Retribucións brutas:

Xerente: 271.102 ptas.

Monitor tenis: 186.128 ptas.

Recepcionista 1ª: 142.563 ptas.

Recepcionista 2ª: 82.923 ptas.

Monitor piscina e ximnasia: 119.837 ptas.

Monitor musculación: 103.227 ptas.

Oficial 1ª: 96.189 ptas.

Monitor aeróbic: 82.923 ptas.

Celadora: 80.775 ptas.

Asínase esta acta e notifícase á delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

-Pola parte social:

Confederación Intersindical Galega

Pilar Gómez Pérez

Ana Paula González

-Pola parte empresarial:

Juan Sampedro Lozano e José García Salgado no nome de Complexo Bamio, S.L. e Inversiones Deportivas Ourensanas, S.A. e Jorge Aguirre Montes en representación de Escuelas Deportivas Bamio, S.L.