Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo da Fundación San Rosendo de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo da Fundación San Rosendo de Ourense (código convenio nº 3200592 publicado no BOP nº 75 do 31-3-2000), co fin de emenda-lo erro detectado na redacción da disposición transitoria primeira do citado convenio, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 24-3-2000, subscrito por esta comisión paritaria o día 22-3-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seú depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de abril de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta nº 1 da comisión paritaria do convenio colectivo da Fundación San Rosendo

En Ourense o día 22 de marzo de 2000, reúnense nos locais da Fundación San Rosendo, a comisión paritaria de interpretación do convenio colectivo da Fundación San Rosendo, composta polos represen

tantes dos traballadores do comité de empresa patronal da Fundación San Rosendo, do comité de residencias e os representantes do empresario, con fin de emendar un erro detectado na redacción do convenio colectivo.

Na redacción da disposición transitoria primiera, onde di: «Este convenio colectivo é asinado pola Fundación San Rosendo e os delegados dos traballadores», estaba na vontade das partes por: «Este convenio é asinado polos representantes da Fundación San Rosendo e os comités de empresa da fundación, como órganos representantes dos traballadores».

Non habendo máis temas que tratar levántase a sesión, procedendo a lles comunicar esta corrección ós órganos procedentes.

Polos traballadores:

Presidentes:

Emma Limia Iglesias

José Ignacio Castelao Villanueva

Pola patronal:

Benigno Moure Cortés

Secretarios:

Manuela Rodríguez Lama

José Luis Feijoó Alonso