Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ferroatlántica, S.L., fábrica de Sabón, Arteixo.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Ferroatlántica, S.L. fábrica de Sabón, Arteixo (código 1503202) que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Rela

cións Laborais o día 28-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social polo comité de empresa o día 24-3-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de abril de 2000.

P.S. (Decreto 227/1998 do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

III convenio de empresa de Ferroatlántica, S.L.

fábrica de Sabón Arteixo. A Coruña

Capítulo I

Estipulacións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Este convenio regulará a partir da súa entrada en vigor as relacións laborais de todo o persoal fixo ou eventual do centro de traballo da empresa Ferroatlántica, S.L. sito no polígono industrial de Sabón, Arteixo, A Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio, calquera que sexa a data de publicación no BOP entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2000 e caducará o 31 de decembro de 2002.

Transcorrido o período de vixencia seguirán aplicándose tódalas súas cláusulas co mesmo alcance e contido co que foron pactadas mentres se aprobe e entre en vigor un novo convenio.

Artigo 3º.-Denuncia.

Considerarase por ambas partes denunciado en tempo e forma na data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Respecto dos dereitos adquiridos.

Respectaranse as situación que en concepto de percepcións de calquera clase, no seu conxunto sexan máis beneficiosas que as fixadas neste convenio, manténdose estrictamente a garantía ad personam.

Artigo 5º.-Compensación.

As condicións económicas establecidas neste convenio compensan os diferentes conceptos que con anterioridade viñan rexéndose por disposición legal, pacto, contrato ou por calquera outra causa, sempre que a dita compensación garanta os devengos fixos anuais que se perciban tanto económicos como sociais e que existían con anterioridade ó convenio.

Artigo 6º.-Comisión paritaria do convenio.

Para a interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio, créase unha comisión paritaria. Esta comisión estará composta por dous representantes do comité de empresa e dous representantes da empresa. En canto a funcións e normas de funcionamento desta comisión, haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Capítulo II

Réxime e condicións de traballo

Artigo 1º.-Xornada de traballo.

A xornada máxima anual para o ano 2000 e 2001 e 2002 será de 1.752 horas, respectando, en todo caso, os períodos mínimos de descanso previstos pola lei e unha xornada máxima de oito horas diarias.

Respectaranse todas aquelas condicións máis beneficiosas existentes.

Artigo 2º.-Calendario laboral.

A empresa presentará ó comité de empresa antes do 31 de outubro o calendario laboral sobre as quendas e vacacións do persoal.

Independentemente das festas establecidas no calendario oficial, todo o persoal poderá desfruta-los días sobrantes do cómputo anual durante o ano, sempre que avise con suficiente antelación e logo do acordo co seu servicio e o departamento de persoal.

Dous dos días sobrantes desfrutaranse o 24 e 31 de decembro, salvo que as ditas datas coincidan en sábado, domingo ou festivo, ou coa parada dos fornos, xa que en tales casos non se traballaría e sería innecesaria a súa recuperación.

Artigo 3º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas para todo o persoal de fábrica serán de 22 días laborables.

Durante o desfrute das vacacións o persoal cobrará ademais do soldo, salario de cualificación e antigüidade, tódalas primas que lle correspondan no seu posto habitual de traballo, excepto a prima de domingo e festivo. O importe das primas será a media dos tres meses anteriores ó desfrute das vacacións.

Os traballadores que por necesidades de producción non poidan desfruta-las súas vacacións no período do 1 de xuño ó 30 de setembro percibirán un complemento de vacacións de 6.020 ptas., por día de vacacións, que serán aboadas no mesmo mes que se desfruten.

Así mesmo quen desfrute as vacacións entre o 10 de xaneiro e o luns de Semana Santa (este incluído) e entre o 1 de novembro e o 15 de decembro, terán dereito ó denominado premio de vacacións que consistirá en cinco días laborables de incremento ás súas vacacións, ou a un premio en metálico de cinco días de salario incluídas as primas, cun importe mínimo de 35.802 ptas.

Os que desfruten as súas vacación entre o luns de Pascua (luns seguinte a Semana Santa) e o 30 de xuño, ou desde o 1 de setembro ó 31 de outubro, tamén terán dereito ó citado premio, que neste caso consistirá en tres días laborables de incremento ás súas vacacións ou a un premio en metálico de tres días de salario incluídas primas, cun importe mínimo de 21.481 ptas.

Estes premios serán proporcionais ó período de desfrute, sendo incompatibles entre si.

Artigo 4º.-Licencias retribuídas.

As licencias retribuídas serán as seguintes:

1. Por falecemento de pais, fillos ou cónxuxe: tres días laborables.

2. Por falecemento de pais políticos, avós e netos: tres días naturais.

3. Por falecemento de irmáns ou irmás do cónxuxe: tres días naturais.

4. Por falecemento de cónxuxes dos irmáns do traballador: dous días naturais.

5. Por falecemento de fillos políticos: dous días naturais.

6. Por falecemento de avós políticos: dous días naturais.

7. Por parto de esposa: tres días laborables.

8. Por enfermidade grave de pais, avós, fillos ou cónxuxe: dous días naturais.

9. Por matrimonio: quince días naturais.

10. Matrimonio de fillos ou irmáns e irmás do cónxuxe: un día natural.

11. Por cambio de domicilio: un día natural.

As licencias comprendidas nos números 1 ó 8 inclusive poderán ampliarse a cinco días naturais por razón de distancia e viaxe xustificada.

Entenderase por día laborable aqueles non incluídos como festivos no calendario oficial de festas para a provincia da Coruña.

Estes permisos retribuiranse coas primas completas que corresponderan de ter traballado, salvo a prima de domingo ou festivo.

Tamén terán carácter de licencia retribuída as visitas médicas a especialistas prescritas polo médico de cabeceira da Seguridade Social, xustificando o tempo investido nelas.

Artigo 5º.-Permisos particulares.

Os demais permisos con soldo que se concedan terán carácter de permisos particulares, aboándose neste caso o soldo, salario de cualificación, antigüidade, prima carencia incentivos e grao de promoción.

Artigo 6º.-Home menos na quenda.

Cando por calquera causa falte un home na quenda, a empresa ten a obriga de mandar outro o antes posible.

Artigo 2.7º.-Cambio de xornada do persoal de quenda.

Cando ó persoal de quenda por motivo de mellor aproveitamento durante a parada de fornos, ou por calquera outro motivo, a empresa lle cambie a xornada, o dito persoal terá dereito a cobrar tanto na mensualidade como nas pagas extras os mesmos conceptos retributivos que cando estaba a quenda. Cando o cambio se fai por petición do traballador, cobrará os mesmos conceptos que lle correspondan no seu novo posto de traballo.

Artigo 2.8º.-Persoal de xornada provisionalmente a quenda.

As normas a seguir cando o persoal de xornada normal pasa a tres quendas son as seguintes:

1. Xornada de inverno: cando un productor de xornada normal teña que substituír a un da quenda efectuarase da seguinte forma:

Cando haxa que traballar en sábado, domingo ou festivo aboaranse como horas extras as horas realmente traballadas. Se se traballa en domingo, o descanso correspondente desfrutarao o primeiro día de descanso da quenda na que traballe, aboándose 8 horas e 30 minutos como comisión de servicio.

Se dentro deste período de traballo houbese algún festivo, o correspondente descanso efectuarao o segundo día de descanso longo: se está a quenda, cando esta teña lugar, ou a continuación do primeiro descanso que desfrute, posterior ó festivo, se deixa a quenda nese momento. Para estes efectos entenderase por descanso longo o correspondente á acumulación dos sábados, domingos e festivos dos ciclos de traballo establecidos. Neste caso tamén se aboará o descanso como comisión de servicio a razón de 8 horas 30 minutos.

Para os correquendas o descanso de festivo que traballen desfrutarano como comisión de servicio a razón de 8 horas 30 minutos o venres da semana.

2. Xornada de verán. Neste caso operarase igual que no anterior, aboándose como horas extras a diferencia entre a súa xornada semanal e a que realmente realice, coa diferencia de que as comisións de servicio aboaranse a razón de 6 horas 45 minutos.

3. Descansos. En ningún caso, toda vez que cobran como extraordinarios os sábados, domingos e festivos que se traballe, teñen dereito a descanso longo, senón unicamente ós descansos correspondentes ós

sábados, domingos e festivos traballados que, como se indica anteriormente, se pagarán como comisión de servicio.

Artigo 9º.-Prolongación de xornada.

Os traballadores que finalicen o seu traballo entre as 23 e as 2 horas terán dereito a medio día de descanso ó día seguinte en concepto de comisión de servicio.

Os que rematen despois das dúas horas terán dereito a un día de descanso ó día seguinte no mesmo concepto.

Artigo 10º.-Comisión de servicio.

Entenderase por comisión de servicio a compensación tanto en tempo como economicamente pola perda de descanso semanal ou diario á que o traballador tivese dereito. En tódolos casos a comisión de servicio é obrigatorio descansala.

Se a comisión de servicio se debe a traballa-la noite anterior a un domingo ou festivo, tamén de desfrutará o primeiro día laborable.

As horas indicadas no artigo 2.9º entenderanse horas de presencia real en fábrica, sen que se compute o tempo de viaxe.

As horas indicadas nos artigos 2.11º e 2.12º entenderanse horas de presencia real na fábrica, computándose o tempo de viaxe (media hora de vir á fábrica e media hora de regreso a domicilio).

Artigo 11º.-Outras comisións de servicio.

Cando a empresa requira a un traballador e este traballe máis de tres horas, rematado o traballo entre as 23 e as 2 horas, terase dereito a medio día de descanso ó día seguinte, en comisión de servicio.

Cando a empresa requira a un traballador e este traballe máis de tres horas empezando o traballo entre as 23 e as 4 horas, terase dereito a un día de descanso ó día seguinte en comisión de servicio. Igualmente se, empezando o traballo antes das 23, horas se remata despois das 2 horas.

Cando a empresa requira a un traballador e este traballe máis de tres horas empezando o traballo entre as 4 e as 5 horas, terase dereito a medio día de descanso ó día seguinte, en comisión de servicio.

Cando se traballara 5 ou máis horas dentro do forno e estas se realicen dentro das primeiras 36 horas de parada, terase dereito a un día de descanso ó día seguinte en comisión de servicio.

Artigo 12º.-Traballo extraordinario en domingo ou festivo.

Se se traballa entre 5 e 8 horas extraordinarias en domingo e festivo, concederase medio día favorable en comisión de servicio.

Se se traballa 8 horas extraordinarias en domingo e festivo concederase un día laborable en comisión de servicio.

Artigo 13º.-Tempo de bocadillo para persoal de quenda.

O persoal de quenda disporá de 20 minutos para toma-lo bocadillo e considerarase tempo efectivo de traballo. O dito persoal tomará o bocadillo de forma graduada e só poderá ser interrompido por unha avaría grave e non polo traballo normal de cada día.

Artigo 14º.-Vacantes.

Cando a empresa queira crear un posto de traballo fixo ou eventual, cumprirá os seguintes requisitos:

1. Ofrecerllo primeiro ó persoal, con contrato indefinido a tempo parcial.

2. Publicalo nos taboleiros de anuncios con suficiente antelación.

3. Sempre que haxa un productor en fábrica que desexe o dito posto, unha vez comprobada a súa capacidade para desempeñalo, terá preferencia a ocupalo.

4. Se ningún persoal do punto 1º ou fixo en fábrica puidera ocupa-lo dito posto, os fillos dos productores terán preferencia ante calquera solicitude, sempre que demostren a súa capacidade para ocupalo.

Calquera proba que se faga ós solicitantes para que teña validez, deberá que contar coa presencia dos membros do comité de empresa e outros dous da empresa.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

Os traballadores teñen dereito a dúas entregas de dúas roupas de traballo ó ano. A data de reparto fíxase en xuño e decembro de cada ano.

A roupa que se entregará cada semestre é a seguinte:

Unha funda (ou dous pantalóns) e unha camisa.

Tres pares de calcetíns.

Tres camisetas e un calzón ó persoal de forno, anexos, conservación, materias primas e productos rematados.

Unha toalla.

Para o persoal do forno, a entrega citada en primeiro lugar será dunha camisa e dous pantalóns de la ou dúas camisas e un pantalón.

Unha vez ó ano entregarase a todo o persoal unha cazadora de la. En principio a entrega desta fíxase en decembro.

Ó persoal de laboratorio entrégaselle unha bata cada seis meses.

Ó persoal de portería e chofer entregaráselle durante o ano dous pantalóns de tergal (azul mariño ou gris), dúas camisas azuis, unha gravata, unha cazadora de pano, un par de zapatos de seguridade e catro pares de calcetíns.

Ás secretarias entregaráselles dous uniformes ó ano, composto de dúas camisas, dúas saias e unha chaqueta de la.

Se por causa de realizar un determinado traballo en fábrica, algunha destas pezas de roupa quedará inutilizada, cambiaráselles por outras novas, logo da entrega das inutilizadas.

Artigo 16º.-Comité de seguridade e saúde laboral.

O comité de seguridade e saúde laboral da fábrica de Sabón estará composto por 10 membros, 5 deles elixidos pola dirección da empresa e 5 elixidos polo comité de empresa.

Será función do comité promove-lo cumprimento das disposicións en materia de seguridade e saúde laboral no traballo, así como estudiar e propoñe-las medidas que estime oportunas para prevención dos riscos profesionais e cantas sexan convenientes para unha debida protección da vida e saúde dos traballadores.

Os membros deste comité disporán, para o exercicio das súas funcións, de 10 horas mensuais dentro da xornada laboral.

A empresa, cada dous anos, por mediación do organismo competente, instará o recoñecemento ambiental por áreas e zonas de traballo, coa presencia de dous membros deste comité elixidos polos traballadores. Se no dito recoñecemento se detectasen niveis non aceptables, a empresa fixará un prazo para a súa eliminación e informará o comité de seguridade e saúde laboral do curso dos traballos de corrección que se efectúen.

A empresa informará o comité de seguridade e saúde laboral dos casos que se poden presentar de traballadores afectados por enfermidade profesional, procedendo a investiga-las causas que as motivaron, para a súa oportuna corrección, así como destina-lo traballador afectado a outro posto de traballo acorde coa súa categoría profesional e condición física.

A empresa para o ano 2000 pon á súa disposición do comité de seguridade e saúde laboral unha cantidade de 1.003.794 ptas. para subsidia-las necesidades en materia de seguridade e saúde laboral non previstas no orzamento xeral de fábrica e postas de manifesto por este comité. Para a utilización desta cantidade será suficiente a conformidade de 5 membros do comité de seguridade e saúde laboral, e un deles, como mínimo, terá que ser dos elixidos polo comité de empresa.

Capítulo III

Conceptos retributivos

Artigo 1º.-Soldo, salario de cualificación.

Persoal empregado: o soldo individual incrementarase segundo o IPC previsto máis un 0,5% durante o ano 2000 e o IPC previsto máis un 1% durante os anos 2001 e 2002, máis 45.000 ptas. no ano 2000, sendo estas últimas non consolidables, para tódalas categorías, sendo para o ano 2000, os seus mínimos e máximos os establecidos na táboa salarial anexa a este convenio.

Persoal obreiro: o salario de cualificación incrementarase segundo o IPC previsto máis un 0,5% durante o ano 2000 e o IPC previsto máis un 1% durante os anos 2001 e 2002, máis 45.000 ptas. no ano 2000, sendo estas últimas non consolidables, para tódalas categorías, sendo para o ano 2000, as cantidades a percibir por día, mes e categoría as establecidas na táboa salarial anexa a este convenio.

O persoal de nova contratación a partir do 1-1-1995 cobrará o salario base do primeiro grao de cada categoría.

Artigo 2º.-Complemento de antigüidade.

A antigüidade cobrarase a razón dun 1% por cada ano de servicio, do soldo ou salario de cualificación correspondente ó nivel mínimo do posto que ocupe en cada momento, sen limitación do número de anos.

Artigo 3º.-Prima de carencia de incentivos.

Esta prima se incrementará segundo o IPC previsto máis un 0,5% durante o ano 2000 e o IPC previsto máis un 1% durante os anos 2001 e 2002. Tanto o persoal empregado como o persoal obreiro percibirá unha prima fixa de carencia de incentivos nos seguintes termos e cuns importes para o ano 2000 que serán:

Persoal empregado: a prima actual individualizada incrementada segundo o IPC previsto máis un 0,5%.

Persoal obreiro do segundo e terceiro grao de tódalas categorías: 46.673 ptas. por paga.

Persoal empregado e obreiro de nova contratación (1-1-1995): 33.284 ptas. por paga.

Esta prima, que forma parte do salario, cobrarase por 14 mensualidades non podendo ser absorbida pola empresa, e será de carácter individual, xa que se creou para compensa-los antigos beneficios sociais que gozaba individualmente cada traballador de cadro de persoal: (paga de abril, bolsa de vacacións, economato, cesta de Nadal, apartamentos, préstamos, fondo de axuda, axuda material escolar, vacacións para fillos do persoal).

Artigo 4º.-Prima de quenda.

A prima de quenda incrementarase segundo o IPC previsto máis un 1% durante os anos 2000, 2001 e 2002. Esta prima cobrarase por 12 mensualidades, quedando establecida para o ano 2000 na contía de 19.192 ptas. mes.

Os baremos para as distintas quendas son:

MTNMNMTTM

Traballando domingos e festivos 100%100%80%75%75%

Descansando domingos90%90%75%75%75%

Descansando domingos e festivos 85%85%75%75%75%

MTN: quenda mañá, tarde e noite.

MN: quenda mañá e noite.

MT: quenda mañá e tarde.

T: quenda de tarde.

M: quenda de mañá.

Artigo 5º.-Escala de promoción (persoal obreiro).

O grao de promoción incrementarase segundo o IPC previsto máis un 0,5% durante o ano 2000 e o IPC previsto máis un 1% durante os anos 2001 e 2002, sendo o seu valor no ano 2000 para o persoal obreiro de 3.043 ptas. mes e por cada grao que lle pertenza. Este grao cóbrase por 14 mensualidades.

Artigo 6º.-Complemento nocturno.

O importe do complemento nocturno será o 20% do salario de cualificación que lle corresponda ó posto de traballo que ocupe no momento, incrementado no grao de promoción e na antigüidade.

A fórmula para o cálculo é:

Obreiro= 0,2 425(salario diario+EP+antigüidade)x56 h/mesx14 meses

Cómputo anual de horas12

Subalternos= 0,2 14(salario mensual+EP+Antigüid.)x56 h/mesx14 meses

ouCómputo anual de horas12

empregados

Este complemento nocturno cobrarase por 12 mensualidades.

Artigo 7º.-Prima de domingo e festivo.

A prima de domingo e festivo incrementarase segundo o IPC previsto máis un 0,5% durante o ano 2000 e o IPC previsto máis un 1% durante os anos 2001 e 2002, sendo o seu valor para o ano 2000 de 587 ptas. por hora, para todo o persoal que traballe en domingo ou festivo.

Artigo 8º.-Pagas extras.

As pagas extras de xullo e decembro serán de 30 días de remuneración dos seguintes conceptos:

-Soldo, salario de cualificación, antigüidade, prima de carencia de incentivos e grao de promoción do semestre anterior.

-Complemento cargador e traballo superior categoría de acordo ó valor medio do cobrado no semestre anterior.

Artigo 9º.-Gratificacións especiais.

Considerarase gratificacións especiais as seguintes:

1. Prima de urxencia:

Os traballadores que para realizar un traballo non previsto ou reparar unha avaría sexan chamados a partir da hora seguinte á saída oficial da fábrica e ata a hora de entrada do día seguinte, así como os que o sexan en sábado, domingo e festivos a calquera hora, cobrarán 1.075 ptas., máis unha gratificación equivalente ó importe dunha hora extra pola viaxe.

Igualmente, se son chamados despois das 11 da noite e a tarefa se pode resolver desde a casa (sendo preciso neste caso que se responsabilice o xefe de quenda, dando un parte por escrito no que se exprese

o motivo da chamada), cobrarán o mesmo importe excepto a hora extra pola viaxe.

2. Prima de retén:

Cando un traballador estea de retén entre as 22 e as 6 horas cobrará unha prima equivalente a 2 horas de salario/hora individual. E de 3 horas, se o está entre as 6 e as 14 e as 14 e as 22.

Os traballadores que non estean de retén e sexan chamados para realizar traballos non previstos e para reparar avarías fóra da súa xornada habitual, cobrarán a parte proporcional da citada prima segundo o tempo de permanencia en fábrica.

3. Un productor menos na quenda:

Cando, por algunha causa, un productor de quenda en forno falte ó seu traballo, o resto dos operarios que suplan a súa actividade, repartiran entre eles a cantidade de 11.875 ptas. día.

4. Prima de cargador:

346 ptas. por día traballado neste posto.

5. Sacar electrodos:

11.359 ptas. que se repartirán entre os que interveñan.

6. Intervención en forno en pico de coada, cuba, pantallas, faldróns e reparación piso planta de carga:

140 ptas. hora traballada nos ditos postos.

7. Intervencións en limpeza solo depuración, elaboración de bolsas, columna de electrodos, carga por gravidade e desatasque de pasta:

140 ptas. hora traballada nos ditos postos.

8. Limpeza e picado de vías en caso de perforación, pechar boca de coada e pasar osíxeno:

1.525 ptas. por persoa que interveña.

9. Cambio de coroas:

5.684 ptas. cada unha que se repartirán entre os que interveñan.

10. Cambio de placas:

10.359 ptas. cada unha que se repartirán entre os que interveñan.

11. Intervención dentro do forno en camisas e campá:

3.722 ptas. por columna de electrodos que se repartirán entre os que interveñan.

12. Intervención dentro do forno en: pontes e tubos de chegada:

2.669 ptas. por columna de electrodos que se repartirá entre os que interveñan.

13. O persoal que traballe durante os 15 primeiros días de parada dos fornos, na demolición destes, na cuba e nos picos, así como os que traballen nos primeiros 7 días en chemineas e faldróns:

140 ptas. horas traballada no dito posto.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

Para determina-lo importe do cálculo das horas extraordinarias aplicarase a fórmula seguinte:

(Sal.+Antg.+Grao P.+PCI)x7+(N+T)xH.Efec./52+2P.extras/52

H. Efec. (horas efectivas de traballo)/52

Sendo,

Sal.=salario de cualificación diario.

Antg.=antigüidade diaria.

Grao P.=grao de promoción, valor diario.

PCI=valor do PCI diario.

N=valor da hora nocturna.

T=valor da hora da prima de quenda.

2P. extras=pagas extras de xullo e decembro.

H. Efec.: horas efectivas de traballo ano.

52= semanas ano.

Tódalas horas extraordinarias se pagarán cun incremento do 75% sobre este valor base.

Na nómina aparecerá á parte o valor do traballo nocturno e quenda correspondentes só ás horas normais, pois estes conceptos xa figuran en valor da hora extra.

Artigo 11º.-Horas en exceso.

Cando algún persoal de quenda remate o ano con horas traballadas de máis por motivos do axuste dos ciclos, aquelas seranlle aboadas como horas extras, e se se fixeran de menos polo mesmo motivo non se terán que recuperar.

Artigo 12º.-Traballos de superior categoría.

Cando un traballador desempeñe función de categoría superior pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva na categoría asignada e a función que efectivamente realice.

Artigo 13º.-Revisión salarial 2000.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2000 un incremento con respecto ó 31 de decembro de 1999 superior ó 2% efectuarase unha revisión salarial consolidable de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a indicada cifra, con carácter retroactivo desde o primeiro de xaneiro de 2000.

Capítulo IV

Fondo de pensións

Artigo 1º.-Fondo de pensións.

De conformidade co Acordo sobre o compromiso de rescate e substitución dos compromisos por prestacións definidas recoñecidas ós traballadores de Ferroatlántica, S.L. nos convenios colectivos para os centros de traballo de Cee, Dumbría e centrais hidroeléctricas, Sabón e pactos de central, asinado o 22-7-1998, as prestacións de xubilación, invalidez permanente, total ou absoluta, e falecemento do persoal activo, serán as reguladas no plan de pensións

de Ferroatlántica, S.L. acollido á Lei 8/1987, do 8 de xuño, de regulación dos plans e fondos de pensións, asumindo así Ferroatlántica, S.L. o réxime de contribucións que alí se establece.

O persoal que non teña dereito a adherirse ó mencionado plan de pensións por non cumpri-lo requisito de, polo menos, dous anos de antigüidade recoñecida na empresa, en mentres dure esta situación, terá garantido en caso de invalidez permanente, total ou absoluta, e falecemento, un capital asegurado equivalente a unha anualidade e media de salario regulador que estivera en vigor o 31 de decembro do exercicio anterior. As ditas coberturas estarán garantidas a través dunha póliza de seguros contratada pola empresa e cun custo que correrá exclusivamente ó seu cargo.

Capítulo V

Acción social

Artigo 1º.-Invalidez provisional ou incapacidade temporal.

O traballador afecto de invalidez provisional ou incapacidade temporal despois dos primeiros 18 meses e mentres permaneza en tal situación, percibirá un complemento que se calculará por aplicación das seguintes porcentaxes, sobre a base reguladora de cada traballador en función dos anos de servicio na empresa.

Con menos de 12 anos completos de servicio: 25%.

Con 12 anos completos ou máis, ata 21 anos completos de servicio: 40%.

Con 22 anos completos ou máis, ata 31 anos completos de servicio: 50%.

Con máis de 31 anos completos de servicio: 55%.

A base reguladora será, para cada traballador, a diferencia entre o salario bruto percibido nos doce meses anteriores á data de invalidez, por xornada normal de traballo, e o importe da prestación que lle corresponda percibir da Seguridade Social.

En ningún caso o complemento da empresa poderá supera-lo 25% da prestación que lle corresponda da Seguridade Social. Exceptuando, para asegura-lo 60% do salario bruto percibido polo traballador nos 12 meses anteriores á data da invalidez.

Durante a invalidez ou incapacidade temporal a empresa seguirá contribuíndo polo traballador ó fondo de pensións, tal como o marca o regulamento do plan de pensións de Ferroatlántica, S.L., utilizándose como salario regulador o mesmo que tería o traballador en activo.

Artigo 2º.-Invalidez.

Toda aquela persoa que cause baixa na empresa por invalidez permanente antes dos 18 meses de prestacións por incapacidade temporal, percibirá unha cantidade compensatoria pola perda do poder adquisitivo que puidera producirse.

Artigo 3º.-Axudas especiais.

Os traballadores en activo ou pasivo que teñan ó seu cargo fillos, calquera que sexa a súa natureza legal de afiliación, ou outros descendentes ou irmáns seus ou do seu cónxuxe ó seu cargo que teñan a condición de diminuído físico ou psíquico, imposibilitados para o traballo, percibirán 26.768 ptas. mensuais por doce meses por cada causante máis 20.076 ptas. mensuais por doce meses en caso de estar escolarizado.

Entenderase por minusvalidez física a imposibilidade de valerse por si mesmo para realiza-las funcións elementais da vida e por psíquica aquela que fose declarada e recoñecida como tal pola Seguridade Social, aboándose mesmo percibindo a subvención legal que estea establecida. Polo contrario, non procederá ó seu aboamento cando o causante perciba pensión da Seguridade Social.

Artigo 4º.-Premio de vinculación.

Establécese un premio de vinculación á empresa, en función dos anos de servicio prestados a esta, de acordo coa seguinte escala:

Escala 1ª: ós 20 anos de servicio continuado, unha mensualidade do seu salario real bruto.

Escala 2ª: ós 29 anos de servicio continuado, dúas mensualidades e media do seu salario real bruto.

No caso de xubilación, cobrarán este premio aqueles traballadores que no momento de xubilarse teñan 19 anos para o primeiro grao e 28 anos ou máis de servicio continuado para o segundo, se non os cobraran.

Enténdese por salario real bruto anual a suma de tódolos conceptos que forman parte do salario regulador do fondo de pensións.

Artigo 5º.-Premio de xubilación.

Ó xubilarse o traballador ou en caso de que pase a invalidez, percibirá unha cantidade equivalente a 14.443 ptas. por cada ano de servicio activo e continuado na empresa, sempre que a dita xubilación se realice ó cumpri-los 65 anos de idade, ou antes desa idade.

En caso de ser superior, cobrará unha mensualidade por cada quinquenio ata un máximo de 5 mensualidades do seu salario bruto.

Artigo 6º.-Indemnización por defunción.

No caso de falecemento dun traballador, xa sexa por causas naturais ou accidente dentro ou fóra das horas de traballo, os seus dereito-habentes percibirán unha cantidade de 2.141.427 ptas. máis 535.356 ptas. por cada fillo que estea ó seu cargo.

Para os traballadores que pasen á situación de invalidez a dita cobertura manteráselles durante os seguintes períodos:

a) Traballadores a partir de 55 anos ata a idade de 60 anos, ou como mínimo durante o primeiro ano de invalidez.

b) Traballadores, menores de 55 anos, terán dereito á dita cobertura durante o primeiro ano de pasar á situación de invalidez.

Os traballadores poderán designar por escrito o beneficiario da dita cantidade, en caso de non facelo entregaráselles ós seus dereito-habentes.

Artigo 7º.-Anticipo de nómina.

O traballador terá dereito a percibir, como anticipo de nómina, unha mensualidade do seu salario.

Artigo 8º.-Axudas de custo.

As axudas de custo terán un valor de 3.582 ptas. por día cando se realicen en viaxe as dúas comidas principais, e de 1.831 ptas. por día cando se faga en viaxe unha das dúas comidas principais.

Artigo 9º.-Comidas a cargo da empresa.

Cando un ou varios operarios de fábrica teñan que efectuar unha comida ou cea por conta da empresa, por razóns de traballo requirido pola mesma, establécese unha cantidade de 1.950 ptas.

O horario a partir do cal o traballador ten dereito a esta cantidade é o seguinte:

-No seu horario normal de luns a venres, cando sexa requirido para realizar un traballo na súa hora de comida, 13 horas 15 minutos, e remate despois das 14 horas, ou se se prolonga a súa xornada de traballo despois das 17 horas 15 minutos, rematando despois das 22 horas.

-Tamén lle corresponderá se é chamado á súa casa para realizar un traballo e remata despois das 14 horas ou despois das 22 horas.

No primeiro dos casos a chamada ten que ser antes das 15 horas e no segundo a chamada ten que ser antes das 23 horas.

O horario a partir do cal o traballador ten dereito a esta cantidade na xornada de verán será corenta e cinco minutos despois de finalizada a xornada.

Esta cantidade por comida concederase tanto se se come no comedor de fábrica, nun restaurante ou na súa casa. En tódolos casos, considerarase o transporte por conta da empresa.

En ningún caso se aboará a hora extraordinaria algunha polo tempo de comida.

Esta cantidade actualizarase automaticvamente na mesma porcentaxe có aumento salarial.

Artigo 10º.-Baixa por enfermidade ou accidente.

Por accidente:

A empresa completará ata o 100% do salario total habitual desde o primeiro día do accidente

Por enfermidade:

A empresa completará ata o 100% do salario total habitual desde o primeiro día da baixa por enfermidade.

Sen que estea no ánimo na empresa o restrinxi-lo pagamento deste complemento, e si o perseguir ata

onde sexa posible a fraude, perderase o dereito a percibilo cando se produzan algunhas das seguintes circunstancias:

-Non ter á empresa puntualmente informada dos partes de baixa e alta, así como nos partes de confirmación semanais, que salvo casos especiais, deberán ser entregados persoalmente.

-Non presentarse sen causa xustificada ós controis tanto no domicilio como na sala de primeiros auxilios, que o servicio médico solicite realizar para segui-la evolución da enfermidade.

-Desatende-las prescricións médicas e tratamentos durante o período da baixa, incluídas as recomendacións do médico da empresa.

-Cando dos controis e inspeccións realizados polo médico da empresa, dos cales será previamente informado o comité de empresa, resulte demostrado de maneira evidente e non só a criterio do médico, que o traballador non se encontra impedido para o cumprimento dos deberes laborais.

-En caso de discrepancia entre os distintos informes médicos con relación á continuidade da baixa, resolverá a inspección médica e se do dictame desta de desprendera que a baixa era improcedente, perderase o complemento desde o momento no que se inicie o trámite da inspección médica da Seguridade Social.

Artigo 11º.-Prazas de prácticas.

Acórdase que para as prazas de práctica que se veñen realizando na empresa para universitarios e formación profesional terán preferencia os fillos dos traballadores deste centro de traballo.

Artigo 12º.-Comedor social.

Ferroatlántica, S.L. mantén un comedor social que é para uso dos seus traballadores, correndo a empresa cos seus gastos xerais (propano, auga, electricidade, reposición de vaixela, reparación de avarías e mantemento del, etc.) e participando nos gastos de comida nun 80%, sendo o 20% restante a cargo do traballador.

Artigo 13º.-Comité de empresa.

A empresa achegará ó comité de empresa para os seus gastos a cantidade de 88.018 ptas. mensuais entregándose durante o primeiro semestre a totalidade correspondente ó ano.

Así mesmo, a empresa achegará para os gastos do comité de seguridade e saúde laboral a cantidade de 29.374 ptas. mensuais. A dita cantidade percibiraa o comité de empresa que se fará cargo dos gastos do comité de seguridade e saúde laboral.

O comité de empresa poderá acumula-las horas dos distintos membros entre si, para o seu mellor funcionamento.

O comité de empresa disporá dun local concedido pola empresa para ser utilizado en actuacións propias do seu cometido.

Artigo 14º.-Incrementos salariais.

As táboas salariais e os demais conceptos establecidos neste convenio para 2000 incrementaranse na porcentaxe en que o IPC real do dito ano supere o 2%.

No mes de xaneiro de 2001 e 2002 tódolos conceptos salariais subirán de forma consolidable a porcentaxe de IPC previsto polo Goberno máis o 1%. Asinaranse as novas táboas cos novos salarios, así

como as novas cantidades dos demais conceptos retributivos e xuntarase a este convenio.

Unha vez coñecido o IPC real de 2001 e 2002 farase unha revisión salarial consolidable de tódolos conceptos retributivos en función do exceso sobre a subida xa efectuada con carácter retroactivo a xaneiro de 2001 e 2002.

A empresaO comité de empresa

RubricadoRubricado

Salario profesional a partir do 1-1-2000

Salario de cualificaciónPCIPCIPrima

CategoríaFunción1º grao2º grao3º grao

grao

2 e 3º

grao

de quenda

DíaMesDíaMesDíaMesMesMesDíaMes

* Obreiros

EspecialistaAlmacén5.031150.9446.321189.6746.458193.70933.28446.673--

EspecialistaM. primas, P. Ter. anexos5.031150.9446.489194.6776.624198.71333.28446.673--

EspecialistaCoador5.073152.1946.628198.8566.767202.98633.28446.67395919.192

EspecialistaCargador5.115153.4896.690200.6726.816204.52233.28446.67395919.192

EspecialistaPadexeiro5.115153.4896.602198.0906.732201.93933.28446.67372014.394

Oficial 3ªOfic. 3ª mantemento5.216156.4536.708201.2726.842205.25833.28446.673--

Oficial 2ªOfic. 2ª mantemento5.472164.1826.986209.5537.126213.77633.28446.673--

Oficial 1ªOfic. 1ª mantemento5.740172.1967.287218.5867.441223.22333.28446.673--

Xefe equipoX. Eq. mantemento6.234187.0097.855235.6118.014240.43533.28446.673--

Xefe equipoX. Eq. P. Ter. e anexos5.863175.8977.434223.0547.583227.46333.28446.673--

Xefe equipoX. Eq. forno5.863175.8977.521225.6377.668230.04433.28446.67395919.192

* Subalternos

Chofer-porteiroChofer-porteiro-basculeiro-163.125-203.224-207.42133.28446.673--

PCI 1º chanzo:

A prima fixa de carencia de incentivos 1º chanzo a cobra o persoal que ten o salario base do 1º chanzo. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

PCI 2º e 3º chanzo:

A prima fixa de carencia de incentivos 2º e 3º chanzo a cobra o persoal que ten o salario base do 2º e 3º chanzo. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Prima de quenda:

Os traballadores que traballen a quenda percibirán esta prima por mes na contía e postos que figuran no cadro. Cóbrase nas 12 pagas do ano.

Prima de domingo:

O persoal que traballe en domingo ou festivo e os días 24 e 31 de decembro, en caso de non ser domingo ou festivo cobrará 587 ptas. por hora.

Antigüidade:

Percibirase un 1% do salario mínimo de cada categoría por cada ano de antigüidade na empresa. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Chanzo de promoción:

Percibirase 3.043 ptas. mes por cada escalón. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Prima cargador:

Percibirase 346 ptas. día. Cóbrase nas 14 pagas do ano.

Escala de soldos mensuais a partir do 1-1-2000

Empregados

MínimoMáximo

Auxiliar138.945181.844
Oficial 2º administrativo164.019215.775
Analista 2º169.920224.622
Delineante 2º175.822231.999
Oficial 1º administrativo189.095249.701
Analista 1º194.994258.552
Delineante 1º200.899265.929
Axudante técnico sanitario200.899265.929
Encargado212.137281.593
Delineante proxectista223.935297.819
Encargado forno225.410299.295
Contramestre e adxunto237.215315.520