Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se fai pública a lista de candidatos seleccionados como beneficiarios das axudas concedidas pola Unión Europea dentro do Programa Sócrates, Comenius 3.2 Axudas para a formación do profesorado e persoal educativo.

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 9 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 21 de setembro de 1999), convocáronse axudas económicas para a realización de accións descentralizadas do Programa Sócrates, Comenius 3.2 Axudas para a formación do profesorado e persoal educativo.

De conformidade co disposto no punto sexto da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Facer pública a relación de beneficiarios no anexo I, dos candidatos en lista de espera no anexo II e dos excluídos no anexo III. Igualmente reflictirase no anexo IV os candidatos que renunciaron á axuda unha vez concedida esta.

Segundo.-Se por algunha causa excepcional algún beneficiario se vise obrigado a renunciar, deberá comunicalo urxentemente á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, para que se proceda á súa substitución polo candidato da lista de espera ó que corresponda.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se existe, a obtención de subvencións ou axudas, para a mesma finalidade de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectua-la Consellería de Educación e Orde

nación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, presentando a seguinte documentación:

3.1. Memorias:

Os beneficiarios, unha vez finalizada a actividade, enviarán á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional un informe dela, no prazo dun mes, contado desde a data de finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica:

Toda a xustificación económica deberá realizarse ante a Axencia Nacional Sócrates (Paseo del Prado, 28, 8ª planta, 28014 Madrid). A dita axencia enviaralles ós candidatos seleccionados a documentación correspondente. O convenio financeiro devolverase debidamente cuberto no prazo de dez días, contado desde a data da súa recepción. A ficha financeira enviarase unha vez finalizada a actividade, xunto cun informe das actividades realizadas, no prazo dun mes contado desde a data da súa finalización.

Cuarto.-A documentación poderá ser retirada durante os tres meses posteriores ó da publicación desta orde no DOG, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. San Lázaro, 107. Santiago de Compostela.

Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Sexto.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte á da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO I

Lista de candidatos seleccionados

Centro escolarNome e apelidosCurso concedidoPaís de destino

IES María SoliñoRamón Rocamonde GómezMeasures to prevent school failureItalia

IES Campo de San AlbertoJosé Manuel Facal DíazThe use of the sea in the multilateral school curriculumSuecia

IES A SangriñaBeatriz Tourón TorradoCurso de formación para coordinadores europeosInglaterra

Escuela Infantil CaeiroFelicidad CaballeroÀ partir des enfants pour les enfantsInglaterra

IES Porto do SonJulio César Iglesias FeijóoGeological heritage as a pedagogical toolGrecia

IES Álvaro CunqueiroAntonia Tato FontaíñaThe use of the sea in the multilateral school curriculumSuecia

IES Campo de San AlbertoJesús Fidalgo FernándezCareers education and guidance in classroomGrecia

CEFORE da CoruñaIsabel Vázquez CazónStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

ANEXO II

Candidatos en lista de espera

Centro escolarNome e apelidosCurso solicitadoPaís de destino

IES ArzúaMª José Diz ÁlvarezStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

CEIP Quintela-MoañaFilomena Lago LagoStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

Centro escolarNome e apelidosCurso solicitadoPaís de destino

IES María SoliñoXosé Martínez GarcíaStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

IES Fernando WirtzAna Amigo SeisdedosStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

IES MeixoeiroRita de Sáa SalgadoStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

IES María SoliñoIsmael Vide GonzálezStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

CPI Alcalde Xosé PichelMª José Fernández ReinanteStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

Centro de Recursos de PontedeumeJosé Manuel Vila GonzálezStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

IES MonelosMª Carmen Alba PuenteStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

CPI Virxe da CelaJesús Mª Risueño LópezStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

CEFORE de PontevedraFrancisco Lozano VarelaStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

CEFORE de OurenseJosé R. Fernández VázquezStratégies pour lutter contre l'échec scolaireItalia

CEP A Igrexa-ValadaresFátima García-Picher RodríguezFrom children to childrenInglaterra

CEP Caselles BeltránRosa Fernández SánchezFrom children to childrenInglaterra

Radio ECCAMª José Espiñeira RuzoFrom children to childrenInglaterra

Centro de Recursos de CarballoJosé M. Domínguez GarcíaFrom children to childrenInglaterra

IES María SoliñoXosé M. Cacharrón PrietoThe use of the sea in multilateral school curriculumSuecia

CPI José García GarcíaMª Concepción Guerra HoyosThe process of collaborative learningFinlandia

IES Nosa Señora dos Ollos GrandesRosa Fernández GarcíaThe process of collaborative learningFinlandia

IES Fernando WirtzMercedes Rodeiro BarrosCareers education and guidance in classroomGrecia

EOI de OurenseNancy Casielles BeltránCareers education and guidance in classroomGrecia

Radio ECCAJosé Carlos Bellido HerreroThe meeting of majority and minority culturesInglaterra

CEIP Coirón-DenaCristina Martín TrigoVirtual in service training and learningDinamarca

EOI de OurenseJosé A. Granja GonzálezLearning difficulties: what types help ?España

Consellería de EducaciónMaría Rosario García DeibeUtiliser la dimension européenne extramurosItalia

CEFORE de Santiago de CompostelaFlorentina Peliquín PérezIn service training course for the schoolFrancia

CEIP A Torre-A Illa de ArousaBlanca Fraga LagoIdentity and european integrationAlemaña

ANEXO III

Candidatos excluídos

Centro escolarNome e apelidosCurso concedidoCausa de exclusión

CPI Alcalde José PichelAbel Fernández MaroñoStratégies pour améliorer les résultats scolairesSolicitude fóra de prazo

ANEXO IV

Renuncias

Centro escolarNome e apelidosCurso solicitado

IES Campo de San AlbertoValeria MartínezGeological heritage as a pedagogical tool