Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.455

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se conceden axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E, que se van realizar entre o 1 de marzo de 2000 e o 31 de xullo de 2001.

Por orde da Consellería de Educación do 1 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 30), convocáronse axudas para o desenvolvemento de proxectos educativos conxuntos no marco do Programa Sócrates, Lingua, Acción E.

De conformidade co disposto no punto décimo da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas, pola contía que se indica, para a realización de intercambios e encontros escolares que se van desenvolver entre o 1 de marzo de 2000 e o 31 de xullo de 2001, ós centros que figuran relacionados no anexo I. No anexo II figuran os centros en lista de reserva mentres que no anexo III se indican os centros excluídos e a súa causa.

Segundo.-O libramento das axudas ós centros realizarase a través da Axencia Nacional Sócrates. A dita axencia enviará a cada un dos centros seleccionados o modelo de contrato elaborado pola Comisión Europea. Este documento deberá ser cuberto e asinado polo director do centro e remitido posteriormente á Axencia Nacional Sócrates (Paseo del Prado, 28, 8ª planta. 28014 Madrid)

Terceiro.-Unha vez recibidos os fondos da Comisión Europea, a Axencia Nacional Sócrates iniciará a tramitación para efectua-lo libramento das cantidades correspondentes a cada un dos centros seleccionados, de acordo co establecido nos contratos asinados polos ditos centros.

Cuarto.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios deste tipo de axudas quedan obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de subvencións ou axudas, para a mesma finalidade, de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Someterse ás actuacións de comprobación que, se é o caso, poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, así como a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

3.1. Memorias.

Os centros beneficiarios enviarán memoria descritiva do Proxecto Educativo Conxunto (PEC), cunha extensión máxima de 25 folios. A dita memoria reflectirá o grao de cumprimento dos obxectivos programados, a lista de alumnos participantes e a avaliación das actividades levadas a cabo, incluíndo o producto final elaborado polos alumnos. Poderá xuntarse material audiovisual. Enviarase igualmente copia do informe financeiro final e da folla de estatísticas enviada á Axencia Nacional Sócrates.

A documentación deberá remitirse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional (Edificio San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela), especificando «Programa Sócrates, Lingua, Acción E», no prazo dun mes desde a finalización da actividade.

3.2. Xustificación económica.

3.2.1. Un informe financeiro final que inclúa o total dos gastos reais que poidan optar á axuda e nos que se incorrese para a participación, así como os ingresos totais, en particular os cofinanciamentos obtidos. Este informe presentarase seguindo o modelo de liquidación de subvención enviado pola Axencia Nacional.

3.2.2. Os billetes orixinais de transporte (avión, tren) de tódolos participantes no intercambio e as facturas de aloxamento.

3.2.3. A folla estatística enviada pola Axencia Nacional con tódolos datos cubertos.

3.2.4. Un resumo de dúas páxinas escrito á máquina e a dobre espacio do informe final (memoria pedagóxica) sobre as actividades desenvolvidas durante o proxecto, que conteña a lista cos nomes dos participantes no intercambio, e mención ó producto final dos alumnos.

A citada xustificación económica deberá remitirse á dita Axencia Nacional Sócrates, e dentro do prazo marcado no punto 3.1., exceptuando a ficha de liquidación financeira, que se remitirá nos dez días seguintes ó da súa recepción.

Quinto.-A non-xustificación da axuda percibida conforme o disposto nestas bases comportará o reintegro á Axencia Nacional Sócrates das cantidades non xustificadas e as esixencias dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas en que poida incorrer conforme os artigos 81 e 82 da vixente Lei xeral orzamentaria na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro.

Sexto.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Sétimo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia,

segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999 (BOE do 14 da xaneiro).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2000.

José Luis Mira Lema

Director xeral da Dirección Xeral de Ordenación

Educativa e de Formación Profesional

ANEXO I

Proxectos seleccionados

CentroProvinciaTítulo do proxectoPaísAxuda

euros

IES Val Miñor-NigránPontevedraA identidade europea a través das diferenciasAlemaña5.950

IES Portovello-OurenseOurenseEje motivador del aprendizaje del francésFrancia2.940

IES de Barro-BarroPontevedraLa arquitectura medieval en Auvergne y GaliciaFrancia6.227

IES O Couto-OurenseOurenseIntercambio lingüístico Ourense-CamberleyInglaterra4.116

IES de Arzúa-ArzúaA CoruñaNo camiño de Martín GuerreFrancia5.040

IES de Allariz-AllarizOurenseAs actividades extraescolares: dinámica e motivación Francia8.175

Efa Piñeiral-ArzúaA CoruñaComprenderse no marco de dúas linguas distintas pero de orixe comúnFrancia3.584

IES Daviña Rei-Monforte de LemosLugoGalicia-Bretaña: el medio ambiente: ¿una inquetud compartida?Francia5.040

IES Río Cabe-Monforte de LemosLugoGalicia-Bretaña: el medio ambiente: ¿una inquetud compartida?Francia5.040

IES A Pinguela-Monforte de LemosLugoGalicia-Bretaña: el medio ambiente: ¿una inquetud compartida?Francia4.620

IES María Sarmiento-ViveiroLugoConnaissance d'une langue, découverte d'un paysFrancia2.455

IES A Sangriña-A GuardaPontevedraEncontrémonos en nuestra parte de EuropaItalia4.470

ANEXO II

Centros en lista de reserva

Nº de ordeCentro escolarLocalidade-provinciaPaís de destino

1EFA A Cancela As Neves-Pontevedra Italia

2IES Vilar PonteViveiro-LugoInglaterra

3IES Pedra da AugaPonteareas-PontevedraFrancia

4IES Vilar PonteViveiro-LugoFrancia

5EFA FonteboaCoristanco-A CoruñaFrancia

6IES de SarSantiago de Compostela-A CoruñaFrancia

7IES A CarballeiraOurense-OurenseFrancia

8IES Santa IreneVigo-PontevedraFrancia

9IES Santo Tomé de FreixeiroVigo-PontevedraFrancia

10IES A FarixaOurense-OurenseFrancia

11IES Blanco AmorOurense-OurenseFrancia

12IES O CoutoOurense-Ourense Francia

13IES Os Rosais-2Vigo-PontevedraInglaterra

14Colexio Santiago Apóstol Vigo-PontevedraFrancia

15IES Fernando Esquío Neda-A CoruñaPolonia

16IES San MamedeMaceda-OurenseFrancia

ANEXO III

Centros exluídos

Centro Localidade-provinciaCausa de exclusión

IES Ribeira do LouroO Porriño-PontevedraNon se adapta á convocatoria

IES CPI ProgresoCatoira-PontevedraNon se adapta á convocatoria