Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión ordinaria do día 30 de marzo de 2000, co quórum legal da maioría absoluta, acordou o seguinte:

a) Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Porriño, na zona de protección de vías e zonas verdes futuras.

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP; así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e, ó mesmo tempo, darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 48 e no 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local.

O que se fai público no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa, se poderán interpoñe-los recursos seguintes:

a) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de

dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución (artigo 306 do R.D.L 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenanza urbana).

b) Sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro que se coide procedente.

O Porriño, 26 de abril de 2000.

José Manuel Barros González

Alcalde