Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTEIRO DE REI

ANUNCIO de concursos con procedemento aberto para a execución das obras que se citan.

1.-Obxecto: execución das obras do proxecto de adecuación dun local no edificio Laverde Ruíz para salón de actos do Centro Sociocultural e Xuvenil de Outeiro de Rei.

Orzamento: 9.219.222 pesetas.

Prazo de execución: catro meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 184.385 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis día naturais, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

2.-Obxecto: execución das obras do proxecto de accesos a núcleos nas parroquias de San Lorenzo, Robra, Silvarrei e Arcos.

Orzamento: 13.240.000 pesetas.

Prazo de execución: catro meses contados a partir da acta de comprobación do replanteo.

Fianza provisional: 264.800 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: na secretaría do concello.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, en horas de oficina, no prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia ou BOP.

Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outeiro de Rei, 2 de maio de 2000.

José Pardo Lombao

Alcalde