Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Federación de Empresarios de Galicia (Fega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 12 de abril de 2000, certificación expedida pola secretaria da devandita federación, Isabel Iglesias Oviedo, avalada co sito e prace da presidenta, Ángeles de la Iglesia Daviña, na que se reflicte o acordo acadado na xuntanza da asemblea xeral ordinaria, que tivo lugar o 18 de marzo de 2000, e que consiste nunha nova redacción dos artigos 1 e 2 dos estatutos.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais