En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Adegueiros da Ribeira Sacra, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: interprovincial (Ourense e Lugo).
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios de adegas pertencentes ó Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Asinan a acta de constitución: Juan Luis Méndez Rojo e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais