A Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Obxecto: adxudicación do servicio de cafetería do Instituto Galego de Formación en Acuicultura sito na Illa de Arousa (Pontevedra).
Nº de expediente: PO-01/2000.
2. Duración: un ano (prorrogable). Con duración máxima de seis anos.
3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.
4. Canón de explotación: vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.).
5. Obtención de documentación e información. O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos interesados para o seu exame:
-Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.
-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña. R/ Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta. 15006-A Coruña. Teléfono: 981 18 20 00. Fax: 981 18 20 27.
-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Lugo). Avda. Ramón Canosa, s/n. 27863 Celeiro-Viveiro. Teléfono: 982 55 17 69. Fax: 982 55 17 68.
-Na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (Pontevedra). R/ Palma, 4. 36202-Vigo. Teléfono: 986 81 71 09. Fax: 986 81 71 02.
Tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.
6. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (R/ Palma, 4. 36202 Vigo) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de trece días naturais contados desde o día siguiente ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986 81 71 02) ou telegrama, no mesmo día.
7. Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se indica na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Apertura das ofertas: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo (R/ Palma, 4. 36202-Vigo), ás 12 horas do primeiro día hábil no que se cumpran tres días naturais, contados desde a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado, a apertura será o seguinte día hábil.
9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Vigo, 27 de abril de 2000.
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo