Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (456/1999).

Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 456/1999, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancias de Ricardo Caneda Rendo, contra o INSS, Placasan,

S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Construcciones Ferro Figueras, S.L., en reclamación de prestación, dictouse, con data de seis de abril de dous mil, sentencia coa decisión do seguinte teor literal:

«Que estimando como estimo, parcialmente, a demanda interposta por Ricardo Caneda Rendo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e as empresas Placasan e Construcciones Ferro Figueiras, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, debo condenar e condeno a dita entidade xestora ó pagamento da pensión de xubilación do demandante nun 82% de noventa e catro mil oitocentas trinta e nove pesetas (94.839 ptas.) e as empresas demandadas o que resulte de restarlle ó 82% da base reguladora de cento catro mil cincocentas oitenta e catro pesetas (104.584 ptas.) a suma a que foi condenado o Instituto Nacional da Seguridade Social -aboando o 58% da dita diferencia resultante a empresa Placasan, S.L. e o restante 42% da meritada diferencia a empresa Construcciones Ferro Figueiras, S.L., con efectos económicos desde o 1 de novembro de 1998, e iso sen prexuízo das melloras, incrementos e revalorizacións correspondentes e do anticipo pola dita entidade xestora do total da prestación».

E para que sirva de notificación de sentencia a Construcciones Ferro Figueira, S.L., con domicilio nas Cancelas, 42-A. 1º esquerda, hoxe en paradoiro descoñecido, e facéndolles saber que contra ela non cabe recurso por razón da contía.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela, martes once de abril de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado